Casting en Santiago de Compostela para o novo programa de Televisión de Galicia

La Voz REDACCIÓN

SOCIEDAD

Imagen de un cásting de Voz Audiovisual
Imagen de un cásting de Voz Audiovisual Rober Amado

Os concursantes compiten para gañar unha casa nunha aldea de Galicia

08 oct 2021 . Actualizado a las 12:27 h.

Este luns 11 de outubro, Voz Audiovisual vai celebrar un casting en Santiago de Compostela para buscar aos concursantes do novo programa da Televisión de Galicia. Os participantes poden gañar nada máis e nada menos que unha casa nunha aldea de Galicia.

Búscanse parellas sentimentais, de amigos, de familiares, de veciños, de compañeiros de traballo, de piso... con ganas de reformar unha casa e de conquistar aos que quizais sexan os seus futuros veciños dunha fermosa vila galega.

O casting terá lugar o luns 11 de outubro no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, na rúa de Miguel Ferro Caaveiro, s/n, en horario de mañá (de 11:30 a 14:00 horas) e de tarde (de 16.00 a 18.30 horas). 

As persoas interesadas en presentarse poden enviar un correo ao enderezo electrónico ana.fontan@vozaudiovisual.com.