A serie «Método criminal» encara a súa recta final

H. R. REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Televisión de Galicia emite o penúltimo capítulo da ficción que protagonizan Luís Iglesia e Miguel Canalejo

20 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo Televisión de Galicia emite o penúltimo episodio da ficción Método Criminal a partir das 23.30 horas. Tan so quedan dous episodios para que remate a ficción producida por Voz Audiovisual e protagonizada por Luís Iglesia e Miguel Canalejo, sen embargo as súas personaxes aínda teñen moito que resolver.

A Telmo Canosa non lle sentou nada ben recuperar a memoria. Despois de facerse co control do clan e de amosar a Damián e Tuco a súa decepción con eles pola forma de levar o negocio, prepara unha nova xogada para darlles un escarmento: se queren seguir vivos terán que pasar unha proba para demostrar a súa lealdade ao clan.

Mentres tanto, Sofía segue na casa rural allea a todo o que ocorre no tanatorio dos Canosa e a súa única preocupación é que Fernando a deixe tranquila. A pesar do illamento, Damián fará todo o posible por contactar con ela e poñela ao día do que ocorre no tanatorio. Sen embargo, a intención de Damián é mantela á marxe dos problemas e o máis lonxe posible de Telmo.

Na produtora tampouco tardan en chegar as novas sobre os movementos de Telmo no clan dos Canosa, e algún ata o sofre persoalmente. Telmo quere desfacerse de Luís Iglesia e non dubida en mandar uns homes ata a produtora para facelo se ninguén, algo que conseguirá se ninguén o impide.

Os episodios dispoñibles no portal EnSerie.gal

Os seguidores de Método Criminal teñen acceso por adiantado aos episodios da ficción a través do portal EnSerie.gal. Desta forma non teñen que agardar ata a emisión dos domingos na TVG.