«A resposta popular na iniciativa Xabarín foi incrible», din desde a Mesa

Mónica Pérez
M. Pérez REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Marcos Maceira explica cómo xurdiu a iniciativa da canle Xabarín

17 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Foi no confinamento máis duro, cando non estaba permitir baixar á rúa, cando comezaron a chegar queixas á Mesa pola Normalización Lingüística de moitas familias que querían pórlle debuxos en galego aos seus fillos, nun tempo no que houbo que buscar moitas maneiras de pasar o tempo.

«Puxémonos a mirar e efectivamente vimos como nas plataformas de televisión por streaming nos máis de 25.000 títulos dispoñibles, só hai 25 en galego en versión orixinal, e ningunha subtitulada nin dobrada ao galego», explica Marcos Maceira, presidente da Mesa. «Aí a exclusión é moi clara. E logo chamounos tamén a atención que non existise a posibilidade de ver unha canle fora de Internet ou a aplicación móbil na TVG. Unhas opcións que si existen para outras canles autonómicas», sinala.

«As principais operadoras de televisión teñen de media dez canles infantís e xuvenís e normalmente todas contan con algunha das televisión autonómicas. Na Galega non existía», engade.

Así que nese momento púxose en marcha a iniciativa Xabarín, para reivindicalo a través dunha iniciativa popular para poñer o foco no uso do galego no ámbito audiovisual.

Fai uns días, esta iniciativa chegou ao Parlamento con máis de 33.000 sinaturas e acadou o apoio unánime de todas as forzas políticas, para reclamar a creación dunha canle Xabarín que emita contidos 24 horas en galego, pero tamén unha aplicación con contidos infantís e xuvenís en galego, e reclamarlle a Clan TV que dobre e subtitule os contidos que emite. Unha petición que se estende tamén a TVE, e mesmo pide que se reflicta na lei do audiovisual que está elaborando o Goberno de España, e obrigue tamén a produtoras privadas a cumprir cunha cota en galego. 

Apoio popular «incrible»

Sobre a resposta popular, Maceira recoñece que foi «incrible». «A campaña sacámola por Internet e na primeira semana xa tiñamos máis de 15.000 sinaturas», recorda.

«Houbo moito interese da xente de contribuír a isto e sen o apoio non o houberamos conseguido», engade, asegurando que as restricións sanitarias da pandemia botou por terra algúns plan de recollidas presenciais «porque de súpeto un concello pechábase». «Noutra situación puidérase haber feito moito máis», lamentase.

Maceira recoñece que desde a dirección da CRTVG sempre houbo boa disposición ás súas reclamacións, e que nos últimos meses xa levaron a cabo cambios e melloras nos contidos que emiten a través da web. «Estiveron atentos en mellorar o que podían nese momento», asegura.

A TVG foi «pioneira»

E recorda que a TVG foi «pioneira» na programación infantil nos anos noventa. «Non é volver ao Xabarín de hai vinte anos, é situarse á vangarda como xa foi. Pedíamos que se fixera un esforzo para que volva a ser vangarda.

Estas peticións comezarán a ser una realidade nos próximos meses, nos que a xente moza terá á súa disposición contidos en galego a través de distintas canles.