Julio Pereira: «Alfredo sabe que facer para conseguir o que quere»

Televisión de Galicia emite este domingo, a partir das 22.40 horas, un novo episodio da serie «Método criminal»


REdacción / La Voz

Este domingo, a partir das 22.40 horas, Televisión de Galicia emite un novo episodio de Método criminal, serie de Voz Audiovisual na que o actor Julio Pereira interpreta a Alfredo, un dos colaboradores co clan dos Canosa.

-Que pode contar da súa personaxe?

-Alfredo pódese definir como o subministrador do negocio do clan dos Canosa. A pesar do que pode parecer, Alfredo ten moi bo carácter e desfruta co seu traballo. Ademais, polo que se di nos diálogos, Alfredo tiña moita ganas de visitar Galicia e o que lle pasa a Rosario é unha escusa perfecta para emprender a viaxe.

-Cal é a verdadeira intención de Alfredo?

-Está claro que Alfredo decide vir a Galicia por curiosidade e tamén para saber o que lle pasou a Rosario. A el dixéronlle que morrera nun accidente de coche, pero non as ten todas consigo. Podo adiantar que el cando chega vai ter moitas ganas de vingar a súa morte e de cancelar o negocio que mantén cos Canosa porque Alfredo non pode entender como deixaron morrer á súa man dereita.

-Como construiu a personaxe de Alfredo?

-O meu segredo foi ver uns cantos episodios da serie sobre Pablo Escobar, sobre todo para conseguir o acento colombiano. Este aspecto era o que máis me podía preocupar del e fíxeno con moito respecto. Agardo que os espectadores queden conformes con el e non se molesten polas expresións que utiliza a personaxe (ri). Tamén foi moi interesante o exercicio que había que facer para encaixar a personaxe no ton da serie. Alfredo é un capo da mafia pero tamén ten sentido do humor e iso dálle moita vida ao negocio (ri).

-En cal dos mundos de «Método Criminal» vai ter máis presenza Alfredo?

-Principalmente Alfredo vai estar no mundo da produtora. A idea de facer unha serie de televisión e financiala coa súa mercancía pillouno por sorpresa. Ese mundo está moi relacionado co tanatorio porque ten que supervisar o traballo de Damián e de Sofía. Alfredo chega pensando que atopará xente que sabe o que está facendo, pero en realidade atopa un grupo que non hai por onde collelos. A morte de Rosario tamén inflúe moito nel e vai estar moi cabreado, pero despois de ver o talento dos actores que participan na serie sobre os irmandiños, xa non ten tantas reticencias (ri).

-Como valora o seu paso pola serie?

-A miña experiencia en Método Criminal foi curta pero moi bonita. Foi curta porque polos tempos de gravación as miñas secuencias estiveron moi concentradas. Alfredo só se relaciona cuns personaxes e nun ambiente moi concreto, polo que tiven un pouco de pena por non ter ocasión de traballar con todos os membros do elenco.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Julio Pereira: «Alfredo sabe que facer para conseguir o que quere»