A AMPA de Guitiriz recomenda non levar os nenos ao colexio

la voz LUGO

SOCIEDAD

Exterior del colegio de Guitiriz
Exterior del colegio de Guitiriz Oscar Cela

Sinalan nun comunicado que hai cinco positivos e que a mellor protección é aproveitar esta semana para unir aos días de Entroido como confinamento contra o virus

07 feb 2021 . Actualizado a las 18:31 h.

A AMPA do colexio de Lagostelle de Guitiriz emitiu un comunicado no que conforma cinco positivos entre o alumnado. O Centro xa contactou coas familias e mestras, aos que lles toca pasar unha corentena de 10 días. Asimesmo estas familias están sendo xa contactadas polo Sergas para ir realizar as correspondentes PCRs.

«Tamén se deu algún positivo entre as coidadoras-voluntarias do comedor. Por iso entre onte e hoxe estánselles facendo as PCRs a todas. Á espera de coñecer todos os resultados, e por precaución, o Centro cancelou o Servicio de Comedor durante a próxima semana», sinala a asociación de pais e nais.

As familias que teñan nenas e nenos en corentena non deben enviar aos irmáns, se os houbese, ao Centro. «Para frear a expansión do virus, por parte da ANPA recomendamos que non se envien os nenos e nenas ao colexio a próxima semana, na medida do posible». Sinalan que «se sumamos estes cinco días lectivos aos dous fines de semana, e aos tres días de vacacións de Entroido, temos doce días de autoconfinamento que valen mais que calquer outra medida de protección». A propia AMPA publica nas redes sociais un modelo no que se poden xustificar as faltas.