O xerente do Sergas: «Espero que as medidas fagan xa efecto e cheguemos a unha meseta»

José Flores: «Preferimos usar toda a rede como hospital único que un de campaña»


santiago / la voz

O xerente do Sergas, José Flores Arias, non oculta que os datos do coronavirus da última semana son preocupantes, especialmente polo crecemento «explosivo» das uci e que unha das prioridades é non escalar de fase no plan de continxencia hospitalaria.

-Que acontecerá de superar o pico da primeira onda?

-A maior capacidade que pode ter Galicia de enfrontarnos á covid, coas catro fases do plan de continxencia despregadas, é moi grande, de máis de 10.000 camas de hospitalización convencional e chega case ás 800 de críticos. Destinando toda esa capacidade estamos nuns niveis de ocupación non preocupantes, por suposto. Pero non queremos escalar en fase. Non queremos deixar de operar, nin deixar de hospitalizar aos doentes que o precisan... Queremos que todo se manteña equilibrado.

-A este ritmo de contaxio, cabe a posibilidade de entrar en fase 3?

-Si, pode acontecer. Estamos esperando a ver que acontece esta fin de semana. Estes dous últimos días temos notado de que a pesar de que segue habendo moitos casos -onte había 1.800 que é unha autentica barbaridade- si temos esa visión esperanzadora de que o luns ou o martes se cumpren os dez días de establecemento das medidas [que escalou a Galicia a niveis medio-alto e máximo]. Sempre falamos de que temos que agardar como mínimo entre 7 e 8 días.

-Que hospitais están preto da fase 3?

-A Coruña e Ferrol son os que están máis críticos. A Coruña polo número de casos activos, polo número de ingresos diarios e Ferrol porque ten moita menos capacidade asistencial e rapidamente ten que pasar de fase.

-Hai rumores dun hospital en Expocoruña.

-A día de hoxe non se mobilizou nada. Expocoruña quedou máis avanzado en canto estruturas cando se valorou na primeira onda. Sei que dende a área sanitaria da Coruña se interesaron por saber o estado das instalacións por se nalgún momento hai que poñer de forma inmediata en práctica esa idea. Pero a día de hoxe seguimos defendendo que os doentes onde mellor están é dentro dos hospitais. Preferimos utilizar toda a rede como un único hospital galego antes de ir fóra dos hospitais. 

 -Tamén se usarán recursos da privada?

-Si. E cando a capacidade pública e privada estea saturada iríamos a hospitais de campaña. De feito, nos plans de continxencia de cada hospital está contemplada a posibilidade dun hospital exterior ao hospital, en cada unha das áreas. Teríamos a ubicación xa pensada e se hai que chegar a ese momento ter a posibilidade de que cada área sanitaria tivese un desafogo dentro da propia área.

-Cantas cirurxías suspenderon?

-En número non podería dicir, porque é desigual dependendo das áreas sanitarias. Lugo non está suspendendo nada e A Coruña ou Ferrol si suspenderon, pero moitas substituíronse por cirurxías maiores ambulatorias. Esperamos que nun mes poidamos estar retomando esas cirurxías.

-É un fracaso ter que volver escalar a fase 2?

-Non existe ningún país que estea libre dunha primeira, segunda ou terceira onda. Fracaso rotundamente non, incluso falaría de éxito sempre que as comunidades consigan que esa terceira onda faga o menos dano posible no seu sistema sanitario.

-Tres ondas ralentizando a actividade ordinaria, poderá pasar factura?

-Nesta segunda onda nos mantivemos cunha actividad non do 100 % pero si xa moito máis normalizada. Agora estamos exprimindo a actividade normal o que máis podamos. Temos que afacernos un pouco a traballar e vivir coa covid. Agora sabemos moito máis e a actividade cirúrxica vaise manter, na primeira onda suspendérase practicamente todo durante un tempo. Os propios cirurxáns estiveron tempo sen facer labores de cirurxía e agora tratamos de manter esa activdade normal. Non sei que vai pasar con esta tercera onda, pero mantemos a actividade normal sanitaria, normal dentro desta normalidade nova que tocou vivir. Esperemos que todo iso aminore o impacto posterior e teñamos unha situación diferente.

-Pode o colapso vir esta vez por falta de persoal?

-O persoal que temos no Sergas ten demostrado dende un principio un grao de compromiso importante. Neste momento, non nos preocupa especialmente o problema de recursos humanos, estaría suficientemente garantida a asistencia e o cumprimento das necesidades de críticos ou hospitalización. Dende que comezou a pandemia fixéronse un montón de contratos que se mantiveron no tempo, e que agora mesmo conseguiron que esgotasemos as listas practicamente en todas as áreas sanitarias de categorias profesionais como as de enfermería ou incluso de técnicos auxiliares de enfermería.

-Entón que é o que preocupa?

-Preocúpame lograr que as medidas que puxemos en marcha cumpran o seu cometido, que consigan, a curto prazo, alcanzar esa meseta da que xa se fala a nivel nacional, na que aquí non estamos, de momento. O obxectivo é que as medidas -o día 14, como moito- consigan estabilizar a situación para contar cunha previsión real de ocupación hospitalaria e poñer todo a disposición diso.

«Erros como o de Pontevedra cométense cando vacinas a 25.000 persoas»

O 30 % dos doentes de urxencias teñen sospeita de covid-19.

-Temos menos urxencias, pero é certo que estes doentes ocupan máis tempo e os circuítos enlentécense. Nalgún servizo xa traballan con tres circuítos e valoramos facer a todos os pacientes unha determinada proba, como pode ser o test de antíxenos, para tratar de axilizar.

-Agora que se vacina ao persoal sanitario, recuperarse a atención presencial?

-A intención é que unha vez o persoal estea vacinado se retome maior actividade presencial, pero o sistema de consulta telefónica veu para quedar. 

-Cando se retomará?

-Puxemos a primeira dose a todo o persoal de Atención Primaria. O luns foi o derradeiro día de vacinación, e 21 días máis tarde completará a pauta. Tivemos que interromper esta semana a vacinación para o persoal que non é de atención primaria porque houbo ese problema coas vacinas de Pfizer, que interrompeu a producion. A vacina que iamos destinar para vacinar a persoal sanitario de grupo 2 e 3 tivemos que usala para garantir que a xente de residencias puidese ter a segunda dose. 

-Témese que en tres semanas aconteza o mesmo co persoal de atención primaria?

-O que nos garantizaron é que todas as semanas ían entregar o 57 % das vacinas que nos entregaban anteriormente e con iso somos quen de poder garantir esa segunda dose.

-En Pontevedra vacinouse a 17 persoas que non eran persoal sanitario.

-Fixemos unha instrución clara e pública que teñen todas as áreas sanitarias e que segue o protocolo do Ministerio de Sanidade, non quixemos saír dese protocolo. A decisión de vacinar ao persoal sanitario foi moi rápida. Son erros que temos que asumir, entendibles, e que cometes cando decides vacinar a máis de 25.000 persoas en tres ou catro días. Somos conscientes de que hai persoal de primeira liña ao que non chegaron as vacinas. En canto cheguen ímolas seguir inmunizando. Erros como se recoñeceu en Pontevedra aparecerán noutras áreas porque con este volume de xente, pode haber erros nos listados automáticos, ou que se inclúa xente que ao mellor non está en activo aínda que sexa de primeira liña e que a instrución deixa para despois. Algunha incidencia máis vai haber.

La meta de lograr la inmunidad de grupo en verano se complica cada vez más

Melchor Sáiz-Pardo
Vacunación contra el covid en una residencia de Alcalá de Henares
Vacunación contra el covid en una residencia de Alcalá de Henares

AstraZeneca anuncia que no podrá cumplir con las vacunas previstas en febrero

Ayer mismo Pedro Sánchez, ante el Comité Federal del PSOE, mantuvo intacta su promesa: a finales de verano España alcanzará la ansiada inmunidad de grupo al haber vacunado al 70 % de la población, o sea casi 33 millones de personas. Es más, Sanidad insiste en no mover una coma de su calendario: entre mayo y junio entre 20 y 30 millones de ciudadanos ya deberían estar inmunizados, con lo que la situación epidemiológica debiera estar encarrilada.

Pero los planes del Gobierno cada hora que pasa parecen más en peligro. El último varapalo vino ayer con la confirmación de que AstraZeneca, la compañía que a partir de febrero se convertirá en el tercer proveedor de la UE, no podrá cumplir con sus cupos de entrega en las primeras semanas.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
20 votos
Comentarios

O xerente do Sergas: «Espero que as medidas fagan xa efecto e cheguemos a unha meseta»