O Camiño, polo sendeiro máis fiable

A Administración galega e os distintos actores que forman o sector turístico traballan para ofrecer aos peregrinos todas as garantías sanitarias na ruta Xacobea


Galicia afronta o que posiblemente vaia ser o seu ano Xacobeo máis atípico. Tamén o que vén cargado con máis incertezas. A pesar de que o sector turístico ten postas parte das súas esperanzas na chegada da vacina, os actores que forman parte desta industria non quedaron de brazos cruzados. Porque Galicia traballa duro para converterse nun destino turístico seguro. E o Camiño, se presenta como unha gran opción para aqueles que queiran gozar dun turismo sostible, sen masificacións e con todas as garantías precisas. E con este obxectivo no horizonte, a Administración galega traballa cóbado con cóbado co sector para demostrar ao mundo enteiro que Galicia está preparada para facer fronte ao ano 2022 coa seguridade como bandeira.

Así, a Xunta de Galicia ten posto en marcha o programa Camiño Seguro, unha iniciativa coa que pretende promover unha peregrinación adaptada á situación que deixou tras de si o coronavirus. E para logralo, porá a funcionar un protocolo integral de actuación nos itinerarios xacobeos en Galicia.

E este programa estará pensado para todos e cada unha das pezas da cadea que conforma o Camiño. Dende peregrinos atA profesionais pasando por entidades xestoras ou voluntarios.

O protocolo está asentado en seis puntos básicos. O primeiro pasa pola limitación de aforo nos espazos de entre o 50 e o 75 %. Ademais, se elaborarán guías e manuais de apoio para que tanto sector como peregrinos permanezan informados en todo momento. A Xunta tamén porá en marcha un programa de formación para máis de 300 albergueiros e se aprobarán axudas para a adaptación dos establecementos ás medidas hixiénico sanitarias. Non será a única axuda que reciban as empresas, porque tamén contarán cun servizo de asesoramento. Por último, a Administración galega prevé a posta en marcha dun novo sistema online de reservas a través da páxina web: www.alberguesxaxobeo.gal.

A aposta do Goberno galego é clara: reforzar a seguridade fronte o covid-19 no Camiño de Santiago e así minimizar os riscos de contaxio nos concellos que atravesa a ruta. O obxectivo é que todos os visitantes teñan garantido un Camiño seguro e, de cara ao Xacobeo 2021, fomentar a reactivación económica do turismo galego. «Seguiremos a traballar nun Camiño seguro que permita que os visitantes que polas circunstancias sanitarias agora non poden realizar a ruta, e tamén aqueles que non tiñan planeado facelo e agora si, podan vir con toda a seguridade en canto sexa posible e a situación o permita», incidiu o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, durante a presentación do plan de continxencia para os corredores peonís seguros. Este documento reúne as directrices fronte ao coronavirus elaboradas polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) para aplicar nos once concellos galegos polos que discorre o Camiño Francés. Iso si, é só o primeiro no que se aplicará, porque está previsto que o protocolo se estenda ás demais rutas do Camiño de Santiago.

Tal e como destacou Rueda, o Camiño de Santiago está a demostrar incluso «nestes momentos difíciles» o seu potencial coa entrega de máis de 40.000 compostelas. Así, a aposta é que, de cara ao Xacobeo 2021, siga demostrando que os visitantes poden atopar en Galicia «un destino seguro» e valores «que agora adquiren máis relevancia e son máis demandados como os espazos abertos e non masificados».

Recomendacións

O proxecto dos corredores peonís seguros inclúe recomendacións que poden aplicar as entidades locais nas súas instalacións e servizos turísticos para garantir aos visitantes todas as medidas necesarias na situación actual. Así, teranse en conta os protocolos de prevención ante o coronavirus en canto ao distanciamento social e control de aforo, a limpeza e desinfección, información aos peregrinos e actuacións ante casos de infección. Ademais, tamén contempla análises das zonas de risco ao longo do Camiño, así como a identificación dos espazos públicos singulares no trazado e os riscos nos distintos servizos públicos prestados aos camiñantes. O vicepresidente primeiro da Xunta tamén lembrou que o Goberno galego xa vén traballando en colaboración co ICTE nun plan de continxencia dos albergues públicos, aos que facilitou un manual con indicacións e protocolos de prevención. Todos os esforzos están postos en converter ao Camiño na mellor opción turística do 2021.

Vive Camino

Toda la información sobre el Camino de Santiago en Vive Camino

Votación
0 votos
Comentarios

O Camiño, polo sendeiro máis fiable