Iria Sobrado: «En '''A lei de Santos'' todos os personaxes teñen luces e sombras»

A actriz interpreta a Laura na ficción «spin off» de «Serramoura»


REdacción / LA Voz

Este domingo ás 22.30 horas, Televisión de Galicia emite un novo episodio de A Lei de Santos. A actriz Iria Sobrado interpreta a Laura.

-Esta noite os seguidores de Santos teñen unha nova cita con «A Lei de Santos». Que nos podes adiantar deste episodio?

-Os primeiros episodios foron sementando moitos conflitos que agora van ter que ir resolvéndose ou desembocando noutros maiores. Neste capítulo desencadearase un novo conflito. Santos, Peixe e Pancho intentarán devolver, dalgunha forma, o que atoparon na caixa de seguridade do banco e acabarán nunha lea aínda máis grande. No cuartel seguen moi confusos e non teñen moi claro o que pasou con Severino nin co atraco do banco. E, por outro lado, profundarase na historia de Laura e Santos e haberá certa aproximación entre eles. O tempo pasou pero tal vez entre eles haxa un pequeno achegamento.

-Que nos podes contar de Laura?

-É un perfil moi baseado na responsabilidade, no que é xusto. É unha persoa moi profesional, centrada na súa vida e en como deben ser as cousas. Ao mesmo tempo vemos un pasado de Laura no que había outro entusiasmo e, probablemente, o que lle vai pasar a Laura na serie é facer o tránsito de pasar dunha vida responsable a outra na que se sinta máis cómoda.

-Laura é de fiar ou, como a maioría de personaxes de Viladesantos, ten algo que ocultar?

-É moi posible que Laura sexa das personaxes máis transparentes da serie, pero todos teñen un pasado do que xa se están vendo algunhas cousas. O seu sentido tan esaxerado da xustiza a leva a facer un traballo coa Garda Civil que oculta ao resto da súa familia. En A Lei de Santos todos os personaxes teñen as súas luces e sombras, pero nese aspecto Laura si que é bastante transparente. É dicir, a parte oculta que ten ela afonda nesa parte de responsabilidade.

-Que supuxo para ti participar en A Lei de Santos?

-Aínda que a miña personaxe non entre nesas tramas, participar na serie foi moi divertido porque ter ese punto western macarra moi divertido. Tamén foi fantástico traballar con Monti. Somo moi amigos pero dáse a particularidade de que non traballáramos xuntos antes de A Lei de Santos o que foi todo un aliciente porque traballamos con certas complicidades e iso sempre axuda. Persoalmente foi fantástico interpretar a un personaxe tal vez un pouco máis maior ca min e co peso da maternidade que me gustou moito explorar como actriz e tamén dábame a marxe de ter a mesma personaxe máis nova a través dos flashbacks e iso é moi goloso.

-Como enfocaches os “flasbacks” de Laura na serie?

-Por un lado tratei de acentuar o contraste entre a Laura actual e a Laura máis nova. Na máis maior intentei buscar unha contención porque Laura arrastraba unha cousa do seu pasado que non quedara resolta de todo. Esa cousa que tiña dentro facía que a súa forma de ser fose sempre contida, sen amosarse nunca de todo. Traballar desde a contención resultoume moi interesante como actriz. A Laura maior está nunha onda moi seria e moi responsable. A Laura máis nova xogaba noutra marxe e iso foi moi gratificante.

-Desde a súa estrea, A Lei de Santos foi crecendo en audiencia. Como valoras a acollida dos espectadores?

-A acollida está sendo moi boa. Cando empezas cunha serie nova nunca sabes como van recibir os espectadores aos personaxes e ás tramas. É todo novo porque, aínda que partiamos da vantaxe de que A Lei de Santos é un spin-off de Serramoura e hai tres personaxes que veñen desde universo, ao metelos noutro sitio non sabes como vai funcionar. A xente está empatizando cos personaxes novos e iso sempre é moi positivo.

Monti Castiñeiras: «O máis difícil de Santos é atopar esa naturalidade que o faga crible»

h. r.

TVG estrea esta noite, ás 22.30 horas, a nova serie «A lei de Santos», producida por Voz Audiovisual

Esta noite, ás 22.30 horas, Televisión de Galicia estrea A lei de Santos, unha nova ficción producida por Voz Audiovisual. Protagonizada por Monti Castiñeiras a serie da continuidade a Santos, un dos personaxes máis icónicos de Serramoura, o thriller rural máis lonxevo da TVG e que se despediu o pasado domingo.

-Que é «A lei de Santos»?

-A lei de Santos é un spin-off ou sexa, unha serie baseada nun personaxe doutra serie, neste caso de Serramoura, e na que se vai contar o que pasa con Santos despois de marchar de Serramoura. É unha serie de sete episodios na que se van coñecer as súa orixes e moitas das incógnitas que non se revelaron ata agora. Nesta nova aventura Santos vai estar acompañado por outros personaxes que xa coñecemos como Pancho e Peixe. Tamén ten moito elementos de wéstern, desde a música ata a concepción xeral desta serie. En xeral, na serie haberá moita emoción e moita acción, pero tamén espazo para o romanticismo...

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Iria Sobrado: «En '''A lei de Santos'' todos os personaxes teñen luces e sombras»