«Na mente do asasino» recorda o crime do holandés Martin Verfondern, ocorrido no ano 2010 en Petín

No debate posterior ao documental participarán varios expertos de diferentes ámbitos

O coche da vítima apareceu catro anos despois da súa desaparición
O coche da vítima apareceu catro anos despois da súa desaparición

redacción / la voz

No episodio desta noite, Na mente do asasino afondará no crime de Santoalla, no que Martin Verfondern foi asasinado por un dos seus veciños. Martin desapareceu en 2010, e os seus restos apareceron catro anos máis tarde cando, por casualidade, un helicóptero do servizo de extinción de incendios localizou o seu coche.

As diferenzas na xestión do monte comunal e os beneficios que del sacaban as dúas familias que convivían nesa aldea foron o detonante que ao asasino a valerse dunha escopeta para pegarlle un tiro a Martin. Consideraba ao holandés un intruso que puña en risco a súa propia familia despois de que un xulgado recoñecese a Martin o dereito a ser comunero 40 días antes do crime.

Coas intervencións de Jorge Sobral, catedrático en psicoloxía criminal; Silvia R. Pontevedra e Cristina de la Torre, xornalistas; Julio Jiménez, forense; José Luis Ferreiro, Garda Civil; Margo Pool, viúva da vítima; entre outros, Na mente do asasino profundará no caso e nos detalles dos feitos.

No debate posterior en plató, o xornalista Pablo Carballo estará acompañado por diversos expertos de diferentes ámbitos para analizar as personalidades psicopáticas partindo do caso tratado no documental. Manuel Mandianes, antropólogo do CSIC; Fernando Serrulla, forense do Imgelga; Isabel Ameijeiras, avogada mediadora; e Luis Ferrer, psiquiatra participarán no coloquio.

Na mente do asasino é unha serie de quince documentais, acompañado doutras tantas mesas de debate posteriores presentadas polo xornalista Pablo Carballo, que afondan nos impulsos e pensamentos das persoas que cometeron algúns dos crimes galegos máis impactantes dos últimos tempos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

«Na mente do asasino» recorda o crime do holandés Martin Verfondern, ocorrido no ano 2010 en Petín