Un dobre homicidio en Lalín, primeiro caso protagonista de «Na mente do asasino»

TVG estrea o novo programa xornalístico este martes ás 22.30 horas


redacción / la voz

Na mente do asasino, o novo programa documental e de debate de Voz Audiovisual para Televisión de Galicia, comeza este martes, a partir das 22.30 horas, a emisión da súa primeira temporada. O espazo é unha serie de quince documentais, que irán acompañados doutras tantas mesas de debate posteriores presentadas polo xornalista Pablo Carballo, que afondan nos impulsos e pensamentos das persoas que cometeron algúns dos crimes galegos máis impactantes dos últimos tempos.

No episodio desta noite, titulado A casa dos Mouriño, Na mente do asasino adéntrase no caso dun dobre homicidio ocurrido en Lalín, onde o matrimonio formado por José Mouriño e Carmen Reboredo cometeu o asasinato da súa filla e dun antigo traballador da casa logo de prenderlle lume á casa e tratar de estoupala.

Os culpables foron atopados na fosa de xurro da explotación gandeira da familia despois de prender lume a vivenda.

Coas intervencións de Rocío Pérez Ramos e Alfredo López Penide, xornalistas; de Víctor Blanco e Santiago Vilariño, efectivos de Protección Civil de Lalín; Francisco Javier Valiño, bombeiro; Eduardo Porta Viú e Xosé Manuel Lago Louro, avogados dos acusados; Laureano Recamán, policía xudicial; e Jorge Sobral, catedrático en psicoloxía criminal; o primeiro documental de Na mente do asasino profundará neste caso e nos detalles dos feitos.

No debate posterior que terá lugar no plató, o xornalista Pablo Carballo estará acompañado por diversos expertos de diferentes ámbitos para analizar as personalidades psicopáticas partindo do caso tratado no documental. Luis Alamancos, criminólogo; Luis García Mañá, comisario principal honorario; Berta Rodríguez, forense do Imelga; e Jorge Sobral, catedrático de psicoloxía criminal participarán no coloquio.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Un dobre homicidio en Lalín, primeiro caso protagonista de «Na mente do asasino»