«Cantas ou non?» chega esta semana a Ribadavia co seu escenario móbil e o karaoke

H. R. REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Fran Cañotas e Noelia Rey presentan este concurso diario que emite TVG

17 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois do seu paso por Cambados, Cantas ou non?, o concurso baseado no karaoke que emite Televisión de Galicia de luns a venres a partir das 19.25 horas; chega a Ribadavia, onde os concursantes seleccionados demostrarán ser uns auténticos profesionais do karaoke para levar o premio do concurso.

Acompañados polos presentadores Fran Cañotas e Noelia Rey, seis concrusantes terán que convencer ao xurado do programa e ao público asistente de que a súa interpretación é a mellor. Os dous mellores de cada día enfrontaranse o venres desa mesma semana na gran final, onde só pode vencer un dos oito finalistas.

Despois das diferentes probas e valoracións, os dous concursantes que máis puntos teñan, serán os que pasen a final semana. No caso de empate, será o público o que decida, pero desta vez será a través dun decibelímetro. Os concursantes empatados animarán ó público a gritar a proclama do concurso. Gritará «Cantas!» e agardará que o «ou non!» lanzado polos asistentes sexa maior que o dos seus contrincantes. O que máis decibeis consiga será o que se clasifique para a final.

Como participar no casting

O casting para participar en Cantas ou non? está aberto durante toda a produción do programa. As persoas interesadas en participar poden enviar un vídeo presentándose e cantando a súa canción favorita ao enderezo electrónico ana.fontan@vozaudiovisual.com ou por medio dun WhatsApp ao teléfono 687 208 550. Só poden facelo persoas maiores de idade. Nas vindeiras semanas, o programa visitará as comarcas de Bergantiños, Melide e A Mariña, polo que o programa anima a todas as personas interesadas en pasar un bo rato a probar sorte no casting de Cantas ou non?.