«Cantas ou non?» chega co seu escenario itinerante a Ribeira

H. R. REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Fran Cañotas e Noelia Rey presentan este concurso diario

27 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois de estrear en Sada o seu percorrido por Galicia, Cantas ou non?, o concurso baseado no karaoke que produce Voz Audiovisual e emite Televisión de Galicia de luns a venres a partir das 19.20 horas chega a Ribeira. Alí de novo os concursantes seleccionados demostrarán ser uns auténticos profesionais do karaoke acompañados polos presentadores Fran Cañotas e Noelia Rey.

De luns a xoves, seis cantareiras e cantareiros terán que convencer ao xurado do programa e ao público asistente de que a súa interpretación é a mellor. Os dous mellores de cada día enfrontaranse o venres desa mesma semana na gran final, onde só pode vencer un dos oito finalistas.

Despois das diferentes probas e valoracións, os dous concursantes que máis puntos teñan, serán os que pasen a final semana. No caso de empate, será o público o que decida, pero desta vez será a través dun decibelímetro. Os concursantes empatados animarán ó público a gritar a proclama do concurso. Berrará «Cantas!» e agardará que o «ou non!» lanzado polos asistentes sexa maior que o dos seus contrincantes. O que máis decibeis consiga será o que se clasifique para a final. Quen romperá o aparello? A verbena pona este ano Cantas ou non?, con tanta distancia de seguridade coma divertimento asegurado.

O casting

O casting para participar en Cantas ou non? está aberto durante toda a duración do programa. As persoas interesadas en participar poden enviar un vídeo presentándose e cantando a súa canción favorita ao enderezo electrónico ana.fontan@vozaudiovisual.com ou por medio dun WhatsApp ao teléfono 687 208 550. Só poden facelo persoas maiores de idade. Durante as primeiras semanas de agosto o programa visitará Cambados, Fisterra e Ribadavia, polo que o programa anima a todas as personas interesadas en pasar un bo rato a probar sorte no casting de Cantas ou non?.