Música e cine na TVG para celebrar o 25 de xullo

A televisión autonómica retransmitirá a tradicional Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago


Redacción / La Voz

Televisión de Galicia preparou para esta fin de semana una programación especial co gallo do Día de Galicia. Hoxe emitirase arredor das 10.00 horas da mañá a Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago. Estará narrada por Xosé Manuel Maseda e contará cos comentarios de Fernando Madriñán. Como cada ano, a TVG ofrecerá en directo este evento, que lle dá continuidade á tradición instaurada por Felipe IV en 1643, e que nesta ocasión será presidido polos reis Felipe e Letizia.

Pola tarde, Que nos pille rebolando!, o magazine dos sábados, establecerá o seu set exterior en Santiago de Compostela, na praza de Cervantes. Os espectadores descubrirán os segredos dos seus edificios máis emblemáticos, as curiosidades das súas históricas rúas e as receitas de repostería máis simbólicas de Santiago. O programa contará cos representantes da orquestra Compostela, unha formación ligada á cidade que percorreu medio mundo e tampouco podía faltar a representación musical tradicional, que correrá a cargo dos integrantes de Cantigas e Agarimos.

De seguido emitirase o documental Pórtico da Gloria, polos séculos dos séculos, que afonda na restauración desta obra mestra da catedral de Santiago de Compostela.

E, xa pola noite, chegará o momento da tradicional Gala do 25 de xullo, en que este ano acompañarán a Xosé Ramón Gayoso o presentador Xosé Manuel Piñeiro e os reporteiros Noelia Rey e Brais Doval. O especial da TVG pretende homenaxear os traballadores de servizos esenciais durante o confinamento e contará coas actuacións de Luz, Carlos Núñez, Triángulo de Amor Bizarro, Lucía Pérez, Uxía, Xil Ríos e as orquestras Panorama e Olympus, entre outros artistas.

Estrea de «Mimosas»

O domingo, a Televisión de Galicia ofreceralles aos espectadores, despois do programa Pazos and Cía, a estrea de Mimosas, a segunda longametraxe do director galego Oliver Laxe, o título que antecedeu á súa multipremiada película O que arde. Será precisamente o cinema galego o gran protagonista destes días na G2, que o sábado ofrecerá dous filmes relacionados coa peregrinaxe a Santiago: A rosa de pedra, dirixida por Manuel Palacios, e A sinapse do Códice de Pablo Iglesias.

Programación na Radio Galega

A Radio Galega tamén ten preparada unha programación especial para celebrar esta semana tan especial para Galicia. O 25 de xullo, o magazine Galicia por Diante porá en antena unha edición especial centrada no Día de Galicia, de 09.00 a 13.00 horas, que incluirá a retransmisión da parada militar e da Ofrenda ao Apóstolo. A continuación, emitirase o programa Sala 5, centrado nesta ocasión no cine galego,

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Música e cine na TVG para celebrar o 25 de xullo