«Come a comarca» adéntrase na gastronomía do Barbanza

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

.

Os concursantes aprenderán a cociñar o menú típico da zona

15 jul 2020 . Actualizado a las 14:35 h.

O equipo de Come a Comarca (TVG, 22.05 horas) recala este martes no Barbanza, para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a elaborar un menú composto por empanada de berberechos, chocos da ría con arroz e papas de arroz. Celia, Ofelia, María José, Iván e Alejandro o Alcalde, deberán esquecerse do revés que tiveron a anterior semana nas comarcas do Ribeiro e O Carballiño onde sufriron una derrota que rachou coas súas tres vitorias consecutivas. Así que agora deberán repoñerse e loitar para conseguir vencer en terras do Barbanza.

Nesta ocasión o encargado de guialos pola gastronomía da comarca será Alberto Carou, do Curral do Marqués, en Rianxo. Os concursantes irán xunto as mariscadoras de Cabo de Cruz, en Boiro, para aprender como se collen os berberechos. E claro que mellor forma de coñecer o oficio ca poñelo en práctica canda elas. Unha vez que recollan os berberechos acudirán a Casa Pachín, onde Felisa lles ensinará a facer una saborosa empanada de berberechos con cuncha.

Co entrante xa listo, deberán erguerse cedo para estar na lonxa de Rianxo e ver como traballa Fran, vicepatrón da confraría, que lles mostrará como funcionan as poxas. Co quilo de chocos mercado na lonxa desprazaránse ó Mesón Don Miguel, na Pobra do Caramiñal, para cociñalos na súa tinta. A encargada de coñecer cómo se fan as papas de arroz será Rosa Collazo, unha experta cociñeira do Barbanza. Unha vez que teñan o menú ben aprendido o equipo do programa que produce Voz Audiovisutal e presenta Fran Cañotas enfrontarase a algúns dos mellores cociñeiros da zona na lonxa de Ribeira. Estará composto Belén Franco da panadería Pireta (Rianxo), Dani Torres e Juan Patiño da tapería A Recoveira (Ribeira) e Óscar Miguel Rodríguez e María Francisca Chouza da cafetería A Central (Ribeira).

Un xurado popular composto por quince veciños determinará cos seus votos cal dos dous equipos elaborou os mellores pratos e decidirá quenes son os gañadores do Come a comarca.