«Come a comarca» visita terras do Ribeiro e do Carballiño

Anguías, carne ao caldeiro e cañas de crema no menú de hoxe


Redacción / LA Voz

Ofelia, Alejandro o Alcalde, María José, Celia e a recente incorporación, Iván, tentarán no Come a comarca desta noite (22.15 horas, na TVG) conseguir a cuarta vitoria para o equipo do programa. Será nas comarcas do Ribeiro e O Carballiño cun menú que de entrada, é ben coñecido para a meirande parte dos galegos: de primeiro unhas anguías fritidas, de segundo carne ao caldeiro e de sobremesa: cañas recheas de crema.

Neste noveno programa do reality culinario que presenta Fran Cañotas e produce Voz Audiovisual os concursantes descubriran os segredos destas dúas terras cun menú do máis tradicional. Pero este non é sinónimo de sinxelo, e eles mesmos se darán conta diso.

Marco Varela, ao fronte do restaurante Sábrego, situado nas bodegas Casal de Armán en Ribadavia, exercerá neste caso de mestre de cerimonia e guialos pola exquisita gastronomía do Ribeiro e do Carballiño. A súa primeira parada serás as piscinas de Manolo O das Anguías, para coñecer cómo se crían este peculiares animais, que a máis de un lle dan certa grima, pero que son ben saborosas unha vez cociñadas. Rita, experta cociñeira que formou parte da organización da Festa da Anguía de Barral, en Castrelo de Miño, explicaralles como sacarlles o mellor partido entre fogóns.

Para o prato principal irán primeiro á carnicería Ferradás, no Irixo, e despois a Casa Gazpara, no Carballiño. E na pastelería A Canavela Fritida de O Carballiño, Pilar (pertencente á familia Cerviño, creadores deste famosos doce) daralles a súa receita para facer unhas cañas con crema de campionato.

Quince veciños das dúas comarcas deberán decidir cal dos dous equipo é o gañador. No equipo da comarca estarán algúns dos mellores cociñeiros da comarca como son Elena García e José Antonio García do restaurante Lembranza-Orixe (San Amaro), Ana Belén Veleiro e Teresa Iglesias do Bodegón do Veleiro (Cenlle) e José Manuel de la Iglesia da pastelería Royal (O Carballiño).

Ofelia Lema, concursante de «Come a comarca»: «Coñécese mellor a alguén nunha comida ca nun análise grafolóxico»

Mónica Pérez

No programa de Voz Audiovisual trabou amizade con María José e Celia

Criminóloga, vixiante de seguridade, nai e concursante de Come a comarca. Ofelia Lema demostra a súa perseveranza neste reality gastronómico producido por Voz Audiovisual e que se emite cada martes na TVG.

-¿Como decidiu presentarse ao programa?

-Insistíronme moito. E non me ía a presentar pero xusto fun a Santiago e parei no semáforo diante do lugar onde facían as probas. Baixeime e xusto non había ninguén, porque case non tiña tempo a esperar. Foi chegar e encher.

-Pódense aplicar algún coñecementos da criminoloxía na cociña?

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Come a comarca» visita terras do Ribeiro e do Carballiño