Cinco anos de música Nova Era

A banda de gaitas, natural de Verín, celebra o seu primeiro lustro 

Algúns dos membros da banda de gaitas Nova Era
Algúns dos membros da banda de gaitas Nova Era

Ourense

Álvaro Rúa, Jose Rojas e Dani García son os directores da banda Nova Era de Verín, que o 13 de xuño do 2015 daba o seu primeiro concerto no marco da Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei. Un lustro e case unha centea de actuacións despois, analizan o crecemento da agrupación cheos de ledicia e coas mesmas ganas coas que empezaron. «Chegar a cumprir cinco anos simbolízao todo para nós. Cando comezamos non tiñamos nada e ninguén daba un duro por nós, pero a ilusión fíxonos continuar e aquí estamos», di Álvaro. O proxecto tiña un plantexamento sinxelo. «Eramos un grupo de rapaces xoves, máis ou menos da mesma idade, que queriamos ter un lugar onde tocar na nosa localidade», apunta Jose. Pouco a pouco foron medrando, non só en idade xa que aínda son xoves, senón en número. «Pasamos de ser vinte a ser hoxe case cincuenta músicos. Cada un puxo da súa parte e do seu peto para que a banda fose para adiante, compraron dende principio o material que lles facía falta para tocar e fixéronse os seus propios traxes», explica Dani. A banda xa conta con músicos de Xinzo, de Manzaneda, de Viana ou de Ourense entre as súas filas aínda que, por suposto, a maioría deles seguen sendo do seu lugar de nacemento, Verín, como é o caso de Sabela Souto e Alex Nieves. «Ademais de tocar, en Nova Era temos a escusa para xuntarnos e compartir a nosa paixón pola música», di a saxofonista. Gaiteiros e percusionistas de tódalas idades e gustos musicais conforman Nova Era, unha banda na que prima a música tradicional pero ben traída ao ano no que vivimos. «Queremos demostrar que coa gaita galega pódese chegar a todos partes, que é posible tocar con ela salsa ou temas orientais, sen deixar de lado a muiñeira», remata Alex. En decembro veu a luz o seu primeiro álbum, Rumbo NE, e agora o covid-19 obrígaos a celebrar os seus primeiros cinco anos por separado, aínda que xa barallan o regreso aos ensaios. ¡Por moitos máis!

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Cinco anos de música Nova Era