Luís Vila, de Foolmakers: «Nós tiñamos mono de escenario e moita xente terá ganas de música en directo»

A banda lucense, da que forman parte dous psiquiatras do HULA, retoma o venres 12 as actuacións cun concerto en dous pases no Clavicémbalo

Foolmakers ofrecerá temas de jazz e swing adaptados ao galego e á «realidade autóctona»
Foolmakers ofrecerá temas de jazz e swing adaptados ao galego e á «realidade autóctona»

La Voz / Lugo

Os escenarios recuperan pouco a pouco a normalidade con actuacións en directo, non só como alternativa de lecer, senón tamén como un bálsamo para a saúde mental. Deste xeito, con ánimo de entreter e divertir ao público, pero tamén aproveitando a «terapia» que aporta a música, volven o venres á noite aos escenarios os Foolmakers (os «artesáns da loucura»), a banda lucense na que precisamente dous dos seus compoñentes son psiquiatras. Farano no Club Clavicémbalo, a última sala na que actuaron antes da declaración do estado de alarma pola pandemia do covid-19. O concerto terá unha limitación de aforo de 50 persoas, polo que ofrecerán dous pases, ás 21.00 e ás 23.00 horas, e a entrada custa 6 euros.

O grupo formouse no 2013 e conta cun repertorio composto fundamentalmente por grandes éxitos do jazz traducidos ao galego e adaptados á «realidade autóctona» cun gran toque humorístico e de retranca. Jazz, swing, amor, sorna e glamour galego definen a súa música. Deste xeito, nos seus concertos soan temas como Nunca chove que non escampe despois (Always look on the bright side of life), Eu cun de Friol (Me and Mrs. Jones), O ben pagao (La bien pagá) ou Toda a culpa é dela (Put the blame on Mame), que sitúa a orixe do tremor de Triacastela nuns movementos de cadeira. O seu primeiro disco, Un polbo en San Froilán, que deriva do There will be another you, xoga tamén co jazz, o humor e o dobre sentido.

Os compoñentes da banda cambiaron desde os seus inicios, de xeito que na actualidade está composta por tres dos integrantes de sempre, os dous psiquiatras do HULA Paula Cores e Luís Vila, e Carlos Doval, e dous músicos novos. Así, dan vida a Foolmakers José Ángel Sánchez, batería; Sergio Abuín, guitarra; Paula Cores, vocalista; Carlos Doval, baixista; e Luís Vila, que ademais de pianista é o xefe de Psiquiatría do hospital lucense.

-Como será a volta aos escenarios?

-Pois un pouco desconcertante porque temos que manter todas as distancias, os locais teñen límite de aforo... así que supoño que será algo estraño. Pero, por outro lado, nós polo menos tiñamos ganas de volver, tiñamos mono de escenario e moita xente terá ganas de música en directo, estará desexando volver tamén. Estas últimas semanas estivemos sen contacto entre nós, aínda que cada un traballamos e ensaiamos por separado nas nosas casas.

-A música fixo moita terapia estas últimas semanas...

-Por suposto. En canto a Psiquiatría do HULA, percibimos que no confinamento houbo un pouco de todo, foi máis ben por picos, aínda que as hospitalizacións diminuíron.

-Como será o concerto do venres 12?

-Como dicimos na canción, «Nunca chove que non escampe despois», un tema que non vai faltar neste concerto. Tamén imos tocar seguro Bicos de nai, a versión de Because the night, temas do noso primeiro disco, Un polbo en San Froilán, e algunha canción nova. O humor sempre o teremos presente, é algo que nos gusta moito. A verdade é que pensamos xa en facer un segundo disco, pero por agora non nos puxemos a elo.

-Teñen máis concertos previstos?

-Todas as datas que tiñamos pechadas foron canceladas coa pandemia. A ver se agora se retoman as actuacións, pero tampouco queremos forzalo moito porque percibimos que a xente aínda ten medo.

Cuatro psiquiatras locos por el jazz

dolores cela

El grupo Foolmakers graba su primer disco, que se retrasó un año por problemas con algunos derechos de autor

Los Foolmakers o artesanos de la locura, como se define el grupo formado por cuatro psiquiatras del HULA, que llevan cinco años compartiendo de forma simultánea profesión y afición por la música, acaban de sacar al mercado su primer disco, Un polbo en San Froilán. Lo grabaron en enero del año pasado, pero no pudo ver la luz hasta ahora, por cuestiones ajenas a los músicos,que tuvieron que pedir permiso a los titulares de los derechos de autor para versionar las canciones. No consiguieron autorización para Hard Hearted Hannanh, de Ella Fitzgerald, que el grupo había transformado en una vampiresa de corazón duro, que situaron en Lugo, en lugar de Savanna,en Georgia, con el título A pérfida Hannah. Tuvieron que regrabar el tema, lo que retrasó la salida al mercado del disco. También les dio problemas Hit de road Jack, una de las canciones más conocidas de Ray Charles. En la versión Foolmakers se transformó en Colle a porta xa. El título no coló, pero el resto sí porque se adaptaba bastante al original, según reconoció Luis Vila.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Luís Vila, de Foolmakers: «Nós tiñamos mono de escenario e moita xente terá ganas de música en directo»