«O Partido Popular vai a remolque do que fan nos concellos do lado»

La Voz

SOCIEDAD

Ana García

Xoán Manoel Sande Muñiz (1970, A Laracha) é afiliado ao BNG dende 1994 e concelleiro dende 2003

31 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Xoán Manoel Sande (1970, A Laracha) é afiliado ao BNG dende 1994 e concelleiro dende 2003. O seu balance deste primeiro ano de mandato pódese cualificar de continuísta: «Non hai nada novo, levan vinte anos co mesmo goberno. Hai pouca iniciativa política propia, o PP vai a remolque do que fan nos concellos do lado», apuntou. Sande entende que este primeiro ano estivo marcado polo covid-19, pero criticou que o PP non tivera en conta a oposición nesta grave crise sanitaria: «Tanto o PSOE como o BNG demostramos en todo momento lealdade institucional, algo que, por exemplo, o PP da Xunta non tivo co Goberno do Estado, aproveitando a ocasión para gañar rédito político e electoral. Non entendemos por que o goberno da Laracha non tivo nunca en conta as nosas propostas e iniciativas. Falamos da vida das persoas, non de política», dixo.

Xoán Sande milita no BNG dende 1994 e é concelleiro na Laracha dende o ano 2003.