«Un goberno ten que ser creativo e pensar nas persoas e o da Laracha non fai nada diso»

La Voz

SOCIEDAD

Ana García

Palomi Rodríguez Castiñeira (1971, A Laracha) foi concelleira do PSOE entre 2007 e 2011 e en maio de 2019 regresou á vida política municipal tamén como voceira do seu grupo

31 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Palomi Rodríguez Castiñeira (1971, A Laracha) foi concelleira do PSOE entre 2007 e 2011 e en maio de 2019 regresou á vida política municipal tamén como voceira do seu grupo. O seu balance deste primeiro ano non pode ser máis negativo: «As miñas críticas van encamiñadas en dúas direccións. A primeira, o orzamento do 2020. Trátase dun corta-pega do de 2019, salvo nunha cuestión, que ten dous millóns de euros menos. Un goberno ten que ser creativo, pensar nas persoas, nas súas realidades e este da Laracha non fai nada diso. Un exemplo represéntao o feito de que non teñen un censo específico de persoas de máis de 65 anos que viven soas e, polo tanto, son un grupo de risco polo coronavirus. Non hai un grupo de voluntarios para atendelos, non hai nada diso. Levamos a plenos moitas mocións neste sentido e nin sequera pasan o corte da urxencia para o debate. É o que ten ter una cómoda e ampla maioría absoluta. E o segundo aspecto de crítica ten que ver coa xestión do goberno local no covid-19. Non contaron coa oposición para nada dende o principio. Dende o PSOE trasladóuselle ao alcalde a nosa lealdade política, e a cambio nin sequera recibimos unha chamada súa para explicarnos que decisións adoptaron na comisión de seguimento, na que, por certo, non estamos incluídos».