«A pandemia non ten que ser un lastre para las ludotecas de verán, é unha oportunidade para facer rir aos nenos»

Ana Carballal, directora da empresa Anias, encargarase de xestionar a gran iniciativa pública para conciliar de Pontevedra, organizada pola federación de pais


Pontevedra

Hai persoas que teñen moi claro que cada neno é, ademais dunha persoa única e irrepetible, é un pequeno frasco de soños. É o caso de Ana Carballal. Ela, a través da empresa de xestión cultural que dirixe, chamada Anias, encargarase de organizar unha das ludotecas públicas deste verán en Pontevedra. E farao nun escenario estraño: o da pandemia.

—Campamentos infantís e distanciamento social na mesma frase, ¿antóllase difícil?

—Pois podemos velo difícil ou podemos darlle a volta, e eu prefiro o segundo. A pandemia non ten que ser un lastre para as ludotecas de verán, é unha oportunidade para facer rir aos nenos. Despois de todo o ocorrido, despois de que os nenos foran uns auténticos heroes, temos o deber de facelos rir, de divertilos o máximo posible. Podemos pensar que nos están brindando a oportunidade de facer iso. De feito, así como outros anos buscabamos outros fíos condutores, este ano o noso vai ser a risa.

—A risa, ademais, pode contaxiarse sen problema. ¿Pero como van xogar, como van intercambiar balóns ou xoguetes, xa teñen algo previsto nese sentido?

—Estamos á espera aínda de moitas aclaracións. Non sabemos se será obrigatoria a mascariña, pero nós aconsellarémola. Os profesionais, por suposto, levarana posta. Prevemos unhas actividades moi expansivas, contando máis cos espazos ao aire libre que teñen os colexios nos que facemos as ludotecas. Non compartiremos tantos xoguetes como outros anos, faremos máis xogos sen eles. Temos a imaxinación, que é un xoguete boísimo.

—Aínda non saben que ratios terán, ¿ou si?

—Estamos aínda á espera de saber como faremos. Si temos claras xa algunhas medidas de hixiene. Se antes se limpaba dúas veces ao día, agora limparase catro. Desinfectaránselle as mans e os zapatos aos nenos ao entrar e as mochilas quedarán fóra.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«A pandemia non ten que ser un lastre para las ludotecas de verán, é unha oportunidade para facer rir aos nenos»