O Grove xestiona reforzar os servizos de limpeza con 24 operarios máis

La Voz O GROVE / LA VOZ

SOCIEDAD

MONICA IRAGO

O Concello considera prioritario manter todos os espazos públicos en perfectas condicións

26 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Axeitar os espazos públicos do Grove para veciños e visitantes, logo do confinamento forzado polo coronavirus, é o obxectivo dun informe que veñen de redactar o xefe de Servizos, Vías e Obras e o técnico de Medio Ambiente do Concello. As súas conclusións indican que será preciso un notable incremento do persoal que deba traballar na limpeza de beirarrúas, as praias e os camiños e distintos espazos que ofrece o municipio. Deste xeito, o equipo de José Cacabelos xestiona xa a contratación de 24 operarios máis dos habituais para levar a cabo todo este tipo de labores, que inclúen o baldeo de rúas, as rozas, a retirada de enseres e o coidado dos xardíns e do Monte Central da Toxa.