O Porto anima a presentar fotos á súa mostra sobre a corentena

Organiza unha mostra virtual e colaborativa para enxalzar o comportamento exemplar da xeralidade da cidadanía


vilagarcía / la voz

Seguindo o ronsel da Autoridade Portuaria de Valencia, a súa homóloga de Vilagarcía anima a calquera cidadán a achegar as súas fotografías para engodar o proxecto Contra Viento y Marea. Unha exposición virtual e colaborativa que pretende servir de homenaxe a todos os cidadáns que están a cumprir civicamente coas esixencias da corentena obrigada pola pandemia do covid-19. 

Os interesados en participar na exposición colectiva deben enviar as súas imaxes ao correo electrónico contravientoymarea@portovilagarcia.es, co nome da foto e o seu, e cunha autorización para a incorporación das imaxes á web e á páxina de Facebook do Porto de Vilagarcía.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Porto anima a presentar fotos á súa mostra sobre a corentena