A Deputación de Ourense porá en marcha un plan para a reactivación cultural da provincia

La Voz

SOCIEDAD

Alberte Paz Garza

O organismo creou un consello asesor de Cultura para traballar no apoio ao sector

15 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación de Ourense porá en marcha un plan específico para reactivar o sector cultural da provincia. Haberá unha implicación especial cos proxectos, iniciativas, empresas e traballadores culturais e entre outras medidas habilitarase o Centro Cultural Marcos Valcárcel para albergar, durante tres meses, aos proxectos ou axentes culturais que necesiten dun espazo para traballar temporalmente. O organismo provincial creou un consello asesor en materia de Cultura e onte celebrouse a primeira reunión, telemática, do mesmo. Na xuntanza deste xoves participaron, ademais do presidente da institución -José Manuel Baltar Blanco-, Acisclo Novo (escultor), Alexandre Sotelino (Asociación Rebulir), a deputada provincial de Cultura, Patricia Torres; Antonio Piñeiro, técnico de Cultura do Concello de Celanova; Aurelio Blanco (Instituto de Estudios Valdeorreses); Aurelio G. Villar, asesor de Cultura da Diputación; Carlos Montero (Festival Curtas de Verín); David Pedrouzo (Café & Pop Torgal); o cantautor Emilio Rúa; a actriz Fina Calleja (Sarabela Teatro); Xavier Casares (Liceo de Ourense); José Antonio Viñas (Queixumes dos Pinos); José Luis Tielas, director da Banda de Xinzo; o produtor artístico José Manuel Freiría; a actriz Josi Lage; Juan Luís Saco (Fundación Otero Pedrayo); Juan Rivas (coordinador da Ourense ICC WEEK); o escritor Luís González Tosar; a cantante María do Ceo; a actriz e profesora da ESAD Mariana Carballal; Miguel Anxo Fernández (director do OUFF); Roberto Pascual (director da MIT Ribadavia); Ruben Barren (Ourenrock); Samuel Lago (presidente da Coral de Ruada); o actor Sergio Pazos e o actor e director teatal Tito Asorey.

Na xuntanza os participantes deron a coñecer as súas inquedanzas e propostas. O presidente provincial sinalou que a Deputación está a reprogramar as actividades culturais para manter as convocatorias. «Ourense e cultura son sinónimos e ademais, neste 2020, no que cumprimos cen anos da aparición da revista Nós, esa cultura ten que ter un protagonismo absoluto», sinalou Baltar. Tamén avanzou que o organismo provincial «vai seguir impulsando medidas a pesares da crise, de aí o sentido da videoconferencoa, para coñecer as propostas e para que saiban que a Deputación de Ourense mantén unha política contundente na cultura e vai seguir apostando por ela con maiúsculas».