A canceira provincial establece o sistema de cita previa para adopcións e visitas

La Voz MEIS

SOCIEDAD

MARTINA MISER

É precisa utilización de  luvas e máscaras dentro do recinto e o mantemento das distancias

13 may 2020 . Actualizado a las 21:46 h.

Case dous meses despois da declaración do estado de alarma e trala entrada da provincia na fase 1 da desescalada que permite a liberdade de desprazamentos na provincia, o Centro de Acollida de Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra volve retomar a atención ao público e as tramitacións para a adopción de cans. Faino baixo un estrito protocolo de medidas preventivas que, como principal novidade, establece o sistema de cita previa para as visitas ao centro e a formalización das adopcións.

Deste xeito, as persoas interesadas deberán solicitar a cita no teléfono 986 140 360 e , unha vez que se despracen ao recinto da Armenteira (Meis), deberán agardar se é preciso a súa quenda no exterior do centro, co obxecto de evitar concentracións. Outras medidas adoptadas son a atención individualizada a cada visitante, a utilización de luvas e máscaras dentro do recinto e o mantemento das distancias de seguridade. Así mesmo, establecéronse tamén novas medidas internas para garantir a seguridade do persoal, como a súa entrada e saída en quendas escaladas, o traballo individualizado, a desinfección exhaustiva de equipos e instalacións e a utilización de equipos de protección.