O Concello de Guitiriz adquire dispensadores automáticos de xel

Estas medidas de protección instalaranse en tódolos edificios municipais

La Voz
lugo/ la Voz

O Concello de Guitiriz adquiriu varios dispensadores automáticos de xel hidroalcohólico, que se instalarán en tódolos edificios municipais e que se poderán usar cando se celebre o mercado municipal.

A rexedora do municipio, Marisol Morandeira, explicou que despois de iniciar unha campaña de subministro de material de protección aos autónomos do municipio con atención ao público, o concello adquire agora estes aparellos que permiten que nos espazos públicos máis frecuentados pola veciñanza, sexa posible cumprir as medidas de hixiene requiridas.

A alcaldesa lembrou que o primeiro dispensador foi instalado no pavillón municipal e o seu funcionamento é moi sinxelo porque, ao poñer as mans no espazo habilitado, este automaticamente lanza a cantidade necesaria de xel para efectuar un correcto lavado de mans sen ter que tocar ningunha superficie.

Outra medida coa que o goberno local continúa executando medidas para garantir a protección dos seus veciños durante a desescalada e para cando se recupere a normalidade.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O Concello de Guitiriz adquire dispensadores automáticos de xel