Meaño corta esta fin de semana o tráfico desde a Praza Nova aos Pasales

La Voz MEAÑO / LA VOZ

SOCIEDAD

CEDIDA

A

09 may 2020 . Actualizado a las 19:11 h.

O Concello de Meaño tamén tomará medidas para facilitar a mobilidade dos veciños ante a situación xerada pola crise sanitaria. Vai cortar o tráfico na zona que vai desde a Praza

Nova-aparcamento de Dena ata a área recreativa dos Pasales. A medida estará vixente desde este sábado a partir das 18 horas ata o domingo ás 23 horas. Non se descarta ampliar a medida no tempo se a situación o require. Tratase dunha das zonas nas que se observou un maior tránsito de persoas nesta fase de transición á normalidade, segundo informa o alcalde, Carlos Viéitez.

A finalidade deste peche é, por un lado, obter seguridade para o ocio, deporte e paseo de nenos e adultos e, por outro lado, gañar máis espazo para manter o distanciamento preciso entre as persoas que circulen polo lugar.