O Concello de Cambados permite ampliar o espazo para as terrazas

La Voz CAMBADOS

SOCIEDAD

MONICA IRAGO

O goberno local inscribe a medida na necesidade de reactivar a economía local pola crise do covid-19

09 may 2020 . Actualizado a las 14:26 h.

Concello de Cambados permitiralles aos locais de hostalaría e restauración de Cambados ampliar o espazo actual destinado ás súas terrazas de cara á apertura o este luns, sempre que cumpran os requisitos establecidos polos técnicos municipais, «xa que é preciso, adoptar medidas para reactivar a economía, pero sen poñer en risco a saúde da veciñanza»,segundo explican nun comunicado os concelleiros Fernando Patricio e Xurxo Charlín.

O Concello está a remitir a documentacón aos mais de 50 propietarios dos negocios que dispoñen de terraza. No caso de que aqueles locais que queiran abrir nesta fase estean interesados e ampliar a superficie da mesma, deberan presentar unha solicitude na sede electrónica do Concello para que os técnicos municipais analicen e informen a posibilidade de que poidan ocupar novos espazos públicos en que sería posible ampliar o espazo das terrazas.

Ademais, no propio plano se lle indicara unha serie de normas básicas para facilitarlle ao persoal da hostalaría a súa reapertura durante a vixencia do estado de alarma e nas súas posibles prórrogas. Por ultimo, o goberno local lémbralle aos propietarios dos negocios non só de hostalaría se non tamén do comercio que o Concello e a asociación Zona Centro están a repartir de forma gratuíta na súa sede de Rúa Nova material de prevención para facilitar a apertura dos seus negocios.