O PP de Ribadumia propón manter as catas da Festa do Tinto

La Voz RIBADUMIA

SOCIEDAD

MONICA IRAGO

Apoian a decisión de suspender a festa e piden que os cartos que se ían gastar no evento se invistan en medidas para paliar a crise do covid-19

30 abr 2020 . Actualizado a las 13:56 h.

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadumia propón que se estude a posibilidade de manter as catas da Festa do Tinto así como o outorgamento dos galardóns aos mellores vinos, antes da vindeira vendima, «cumprindo estritamente as medidas de seguridade en vigor e logrando o respaldo de adegueiros e colleiteiros». O PP apoia a decisión adoptada polo Concello de suspender a edición deste ano, pero considera que caben medidas, como a que propoñen, co fin de manter o compromiso co sector e a visibilidade social do evento.

O PP propón tamén que a partida orzamentaria que se destinaría á Festa do Tinto sexa investida en medidas sociais e económicas para paliar os danos do COVID-19, emprazando una vez mais ao equipo de goberno a convocar a comisión de seguimento para decidir conxuntamente as medidas a adoptar, valorando previamente que sectores son os máis afectados.

O grupo municipal aproveitou o escrito presentado por rexistro municipal para reiterarlle ao goberno local a súa disposición a colaborar «sabendo de antemán o difícil que vai ser organizar este evento nunhas condicións sen precedentes, pero que merece a pena por manter vivo un dos nosos sinais de identidade, como é o Tinto de Barrantes».