Aprazan as Copas Ribadumia, que quedan no aire

A organización confía en poder disputar os dous torneos en setembro


O ano pasado os campos municipais da Senra serviron en cuestión dun mes de escenario a tres citas de fútbol base de altísimo nivel na antesala do verán. Unha feliz circunstancia que se ía repetir este ano. A pandemia desatada pola expansión do coronavirus covid-19 obriga hoxe a cruzar os dedos e a mirar a setembro.

Ese foi o mes anunciado na primeira semana do estado de alarma pola organización do Torneo Internacional Alevín AF7 para recolocar a previa e a fase final do seu campionato, programadas para a Semana Santa e para o 29, 30 e 31 de maio, respectivamente. Cinco semanas despois, a organización das Copas Ribadumia Infantil e Benxamín, previstas para xuño, seguiu os mesmos pasos.

O seu director, Paco Ozores, explicou que «a pesar de que la situación provocada por el covid-19 parece mejorar ligeramente, todos estamos viendo que la desescalada en las medidas de confinamiento va a ser muy lenta y gradual y que las medidas sanitarias a las que el mundo del deporte en general va a estar sometido durante un período de tiempo incierto van a impedir llevar a cabo eventos multitudinarios como lo es nuestra Copa». De aí que anuncie a súa suspensión.

Dito isto, desde a Copa Ribadumia, «a petición de varios de los equipos asistentes», deixan aberta a opción de facer os torneos en setembro. A reprogramación ou a suspensión definitiva será anunciada a primeira semana de xuño.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Aprazan as Copas Ribadumia, que quedan no aire