A Xunta compra en Lugo dous mil queixos para o banco de alimentos

Xestionou a operación a través da plataforma Mercaproximidade

Nave del Banco de alimentos de Lugo
Nave del Banco de alimentos de Lugo

Lugo

A Xunta mercou 2.000 pezas de queixo a través da nova canle de comercialización impulsada polo Goberno galego, Mercaproximidade, para entregalas ás familias que o precisen a través do Banco de Alimentos de Lugo. Nas dúas últimas semanas, a Consellería do Medio Rural leva mercado varias partidas de alimentos para cedelos a diversos organismos, entre eles varios hospitais, entidades e comedores sociais e o propio Banco de Alimentos de Lugo, co obxectivo de dotar a estas entidades de provisións suficientes nestes tempos de emerxencia sanitaria. 

Este medida de comprar en Mercaproximidade foi adoptada pola Xunta como unha posible ferramenta para minimizar a perda de ingresos de profesionais agropecuarios e asegurar a supervivencia dun dos motores do rural galego. A través da orde impulsada pola Consellería, e publicada no DOG o pasado 14 de abril, a Xunta está a mercar produtos agroalimentarios como  patacas, carne, queixos, mel ou embutidos.

A nova canle de comercialización Mercaproximidade comezou o pasado 15 de abril, tendo xa a día de hoxe máis de 370 industrias e produtores adheridos a esta fórmula de venda. Ademais, xa están integrados os grupos Gadis, Froiz, Vegalsa-Eroski -cos seus establecementos Eroski e Familia-, El Corte Inglés -cos establecementos Hipercor e Supercor-, Carrefour -cos seus centros Carrefour e Carrefour Market-, Grupo Cuevas -cos seus supermercados Plenus, Aquié e Aquí-, Lidl, Alcampo, Coviran e DIA. A iniciativa segue aberta a todas aquelas cadeas, empresas de subministración de colectividades e plataformas online que desexen sumarse, co obxecto de axudar aos agricultores e gandeiros galegos durante a emerxencia sanitaria.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Xunta compra en Lugo dous mil queixos para o banco de alimentos