A Deputación de Lugo repartiu mascarillas ao 30 % da poboación dos concellos de menos de 20.000 habitantes

É a primeira fase dun reparto que na segunda fase pretende chegar ao 50 % dos veciños


Lugo / La Voz

A Deputación de Lugo, a través do persoal do parque móbil, rematou a primeira fase do reparto de mascarillas cirúrxicas para a protección dos veciños da provincia, unha medida coa que se entregarán 72.000 unidades nos concellos de menos de menos de 20.000 habitantes. Deste xeito, só nesta primeira remesa, a institución provincial cubre co material que adquiriu con fondos propios máis do 30% da poboación total destes municipios, tal e como subliñou o presidente, José Tomé, quen avanzou ademais que nunha segunda fase de distribución de mascarillas a Deputación pretende chegar ata o 50% da poboación destes concellos.

 A distribución de material por municipios determinouse de maneira proporcional ao seu número de habitantes, tomando como referencia o 30% da súa poboación. As tarefas de reparto desenvólveas o persoal do parque móbil con once vehículos, unha labor coordinada de tal forma que cobre todos os concellos nun día. «Así garantimos que cheguen o máis pronto posible, porque canto antes cheguen, antes se poden organizar os concellos para distribuír todo o material de protección», subliñou Tomé Roca.

 «Dende o Goberno da Deputación imos a seguir colaborando cos concellos para que os veciños e veciñas da provincia de Lugo estean o máis protexidos posible, e para lograr este obxectivo, en función de como evolucione a pandemia, dende a Deputación estaremos atentos a outras posibles colaboracións para o benestar de todos», incidiu.

Pedido de material

A institución provincial realizou a semana pasada un pedido de 220.000 unidades de material hixiénico-sanitario de protección fronte ao coronavirus covid-19. Tomé Roca asinou un decreto que ordena a contratación, mediante tramitación de emerxencia, do subministro dun total de 112.300 mascarillas, 100.000 luvas, 4.000 calzas, 3.000 gorros e 100 xeles hidroalcólicos de 1 litro, por un importe de case 140.000€ con fondos propios.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

A Deputación de Lugo repartiu mascarillas ao 30 % da poboación dos concellos de menos de 20.000 habitantes