A Festa da Filloa de Muimenta celébrase  nas redes sociais

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

SOCIEDAD

PALACIOS

A organización anima a publicar fotos e textos nas redes sociais

25 abr 2020 . Actualizado a las 14:41 h.

A Festa da Filloa de Muimenta ten lugar este ano nas redes sociais. O estado de alarma e o coronavirus impiden este ano a festa, que se celebraría o 1 de maio se as circunstancias fosen outras. O que a organización vén de decidir é que a vindeira semana estea dedicada á festa nas redes sociais, nas que se poden publicar fotos e textos vencellados con esa cita, que ten a declaración de interese turístico galego.

As publicaciónsque se fagan nas redes sociais deben levar as seguintes etiquetas:  #Filloa, #FestaFilloa, #FestaFilloaMuimenta, #FestaFilloaIntereseTurísticodeGalicia, #FilloaMuimenta ou outras que se lle ocorran ao autor. A festa está organizada pola mesma comisión ca a a da Moexmu, que este ano tampouco se celebrou. En vindeiras semanas decidirase se a festa e a feira de mostras teñen lugar máis adiante ou deixan de celebrarse este ano.