A biblioteca histórica da Real Academia Galega estrea espazo en Galiciana

Facilita o acceso a máis de 800 libros e folletos do século XIX, entre eles os grandes autores do Rexurdimento

Víctor Freixanes, presidente da RAG
Víctor Freixanes, presidente da RAG

Redacción / La Voz

A Real Academia Galega reforza a súa presenza en Galiciana - Biblioteca Dixital de Galicia cun novo micrositio que facilita o acceso a máis de 800 libros e folletos do século XIX, segundo informa a propia entidade nun comunicado.

As obras dixitalizadas suman máis de 120.000 páxinas entre as que se atopan títulos de grandes figuras das letras galegas. O espazo permite un acceso máis sinxelo a edicións históricas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal, autores esenciais do período do Rexurdimento, e tamén a libros destacados de autores e autoras que crearon en castelán como Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou Sofía Casanova.

A RAG explica este novo lanzamento: «En pleno confinamento, a biblioteca da Real Academia Galega convida o público a celebrar hoxe o Día do Libro descubrindo esta fiestra virtual, unha vía de entrada directa dende calquera lugar do mundo a parte do patrimonio que custodia na súa sede da rúa Tabernas da Coruña, nestes momentos pechada por mor da pandemia de coronavirus. O novo espazo visibiliza a identidade propia deste referente bibliográfico fundamental para calquera persoa interesada na cultura e na lingua galegas e convida a navegar polos seus andeis dixitais a través de listaxes por orde alfabética de autores e títulos».

Máis en concreto, Cantares gallegosA mi madre, El caballero de las botas azules ou En las orillas del Sar son algúns dos títulos de Rosalía de Castro, dispoñibles en copia dixital xunto aos Aires d'a miña terra de Curros Enríquez, o Catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal ou A fada dos montes de Eduardo PondalLa mujer del porvenir, La mujer de su casa e El visitador del preso son parte do legado da intelectual ferrolá Concepción Arenal, de quen este ano se celebra o bicentenario do nacemento, dispoñible tamén en copia dixital a través do micrositio da RAG na Biblioteca de Galicia. Tampouco faltan obras de Emilia Pardo Bazán, cos seus Cuentos de Marineda, e algún exemplo da pluma de Sofía Casanova como El doctor Wolski. Tamén se facilita o acceso dixital a máis dun cento de publicacións periódicas históricas de fondo galego conservadas na hemeroteca da Academia, como O Tío Marcos d'a Portela e revistas editadas pola comunidade galega en América, sinala a RAG.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A biblioteca histórica da Real Academia Galega estrea espazo en Galiciana