Ribadumia cancela a Festa do Tinto

La voz RIBADUMIA

SOCIEDAD

MARTINA MISER

A decisión adoptouse de forma consensuada entre o goberno local, a comisión organizadora, os empresarios e os valedores do Viño Tinto

22 abr 2020 . Actualizado a las 17:07 h.

O Concello de Ribadumia informa da cancelación da Festa do Viño Tinto que se tiña previsto celebrar o primeiro fin de semana de xuño. O equipo de goberno, xunto coa comisión organizadora e representantes dos valedores do Viño Tinto e da asociación de comerciantes e hostaleiros de Ribadumia, tomaron a decisión unánime de cancelar a festa debido á situación de incerteza que se está a vivir debido á pandemia do coronavirus e ás medidas restritivas que se esperan para os vindeiros meses co obxectivo de facer fronte ao COVID-19. «Tras reunirse o 21 de abril, a decisión da anulación foi consensuada entre todos os representantes e foi considerada a máis axeitada», segundo informa o Concello.

Se ben na reunión se valorou un posible cambio de datas, desbotouse esta idea por unanimidade debido a que esta festa perdería a súa esencia tanto pola menor afluencia de turistas coma porque non se daría cumprido a finalidade de premiar as mellores colleitas de viño do ano. «Visto todo o anterior, o Concello entende que esta decisión é a máis axeitada e esperan que se poida recuperar a normalidade o antes posible coa posibilidade de celebrar outros eventos culturais nos que se poida certificar un efectivo control da seguridade para as persoas e que si poidan acollerse as normas que vaia ditando o estado».

Esta decisión xa se comunicou igualmente ós portavoces dos demais grupos políticos municipais con e aos colaboradores da festa.