Ravella atende case mil peticións de axuda nos trinta días de alarma

p. p. vázquez VILAGARCÍA / LA VOZ

SOCIEDAD

MARTINA MISER

O servizo de atención no fogar suma once altas e a previsión é que sigan medrando

12 may 2022 . Actualizado a las 20:52 h.

A comisión de seguimento da crise polo COVID-19 do Concello de Vilagarcía fixo onte balance das actuacións realizadas polo seu Servizo de Atención Psicosocial durante os primeiros 30 días do estado de alarma vixente. Con preto de mil peticións de atención tramitadas por familias e persoas, concretamente, 936, das que 267 se trataron de actuacións de oficio practicadas polo departamento de Servizos Sociais, coñecedor dos casos en cuestión.

Neste tempo, Ravella computou 11 altas no Servizo de Atención no Fogar, cifra que se prevé siga aumentando nas vindeiras datas ante o peche dos centros de día. O Centro de Información á Muller sumou ás 50 usuarias que atende de oficio outros 25 casos de acompañamento telefónico diario a persoas maiores, e prestou atención psicolóxica a tres mulleres e xurídico a outras dúas.

No tocante á unidade de voluntariado e de proximidade, esta atendeu a 45 cidadáns, aos que se lles realizaron xestións personalizadas, desde a compra á tirada do lixo. Asimesmo, o Concello entregou material educativo a 68 familias que carecen de acceso a internet nos seus domicilios.

Polo que respecta á orde cidadá, as denuncias da Policía Local por incumprir o confinamento suman 246, o que supón apenas un 0,6% da poboación.