O Concello de Cambados compra 30.000 mascarillas que distribuirá casa por casa a partir do mércores

La Voz CAMBADOS

SOCIEDAD

MARTINA MISER

O reparto correrá por conta de Correos, a razón de dúas unidades por domicilio

18 abr 2020 . Actualizado a las 14:30 h.

O Concello de Cambados vén de realizar a compra de 30.000 unidades de mascarillas, ás que hai que sumar ás de elaboración propia e ás doazóns de empresas e particulares que xa se foron entregando a colectivos de risco e traballadores e profesionais do comercio local.

Unha vez estes colectivos estean cubertos, comezará a entrega de material ao resto da veciñanza.. O Concello chegou a un acordo con Correos para que se encargue da distribución, deixando sobres con dúas mascarillas en cada domicilio do municipio. Este material será dun só uso, dous como máximo, e o reparto esta previsto que se prolongue durante o estado de alarma, a partir do mércores.o caso de que o Concello consiga máis material, haberá novas entregas.

O grupo de goberno pide «comprensión entre a veciñanza, xa que o reparto levará un tempo», así como se solicita o uso responsable das mascarillas e dos Equipos de Protección Individual.

Por outra banda, o Concello tamén vai manter a elaboración de mascarillas mediante costureiras voluntarias, continuando coa entrega de material que esta a ser achegado polo Concello.

«As mascarillas van a pasar a ser algo que utilicemos de xeito habitual nos vindeiros meses, non agora de xeito puntual, polo que é importante non só o subministro de unidades, senón tamén facilitar pautas para a súa fabricación á cidadanía», sinalan desde o equipo de goberno.