A madura resignación dunha tenista que se vía nas pistas de Roland Garros

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

SOCIEDAD

CEDIDA

Jéssica Bouzas asume que lle tocará pechar o seu derradeiro ano júnior practicamente en branco, cando confiaba en facelo xogando en dous dos grandes templos do tenis

15 abr 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

«Realmente te da pena. Son muchos años luchando para poder disputar los Grand Slams Júnior. No poder hacerlo es duro». En cuestión de pouco máis dun mes o mundo mudou radicalmente. Tamén, loxicamente, para Jéssica Bouzas Maneiro. A tenista vilagarciá pasou de estar ás portas de disputar a semifinal do torneo de Heraklion, Grecia, un 15.000 do circuito ITF Pro, a en tres días atoparse de volta no domicilio familiar de Vilagarcía de Arousa para iniciar o confinamento decretado no estado de alarma vixente en España.

Cos circuitos mundiais de tenis suspendidos oficialmente ata o 13 de xullo, Jéssica é consciente de que a súa grande ilusión esta tempada, despedir o seu ciclo como xogadora de formación disputando Roland Garros e Wimbledon, é xa unha aspiración irrealizable. No caso do torneo de herba británico, tras decidir a súa organización non xogalo este ano pase o que pase coa evolución do coronavirus COVID-19.

Sen o colchón económico que lle proporciona a Wimbledon un seguro que cobre tamén situacións como unha pandemia, os responsables de Roland Garros si manteñen a súa intención de levar adiante a edición deste ano do torneo rei da terra batida, no mes de setembro. A cuestión, explica a vilagarciá, é que os números non lle dan: «Yo ya no tenía pensado jugar este año el US Open -o primeiro e ata hoxe único Grand Slam que disputou-, e que tamén se disputa en setembro-. No tenía pensado gastar tanto dinero en torneos del circuito júnior». E é que para chegar en postos de cadro final dun Grand Slam no segundo semestre do ano, Bouzas debería defender o groso dos seus puntos no fato de torneos que o ano pasado gañou ou rematou finalista entre os meses de xuño e de xullo, e que lle reportaron a maioría dos puntos que mantén no ránking. Pola contra, con Roland Garros e con Wimbledon á volta da esquina, teríalle bastado con facer un par de bos resultados en torneos de Grao 1 ou 2 entre abril e maio, un camiño sobre o papel ao seu alcance. Ata que a pandemia o cegou.

Con todo, ao falar do asunto, Jéssica dá unha nova demostración da madurez psicolóxica que a levou a figurar entre as mellores promesas do deporte da raqueta a nivel mundial. Quen chegou a ocupar o posto 42 no ránking ITF Tennis Junior -o pasado 13 de xaneiro-, no que hoxe aparece no número 74 logo de non acudir este ano a ningún torneo de formación manifesta que «mejor es no pensar en lo que no podré hacer ya. Es algo que no depende de mí, y afecta a nivel mundial».

Así as cousas, a alumna da Academia Tenis Ferrer concentra desde hai un mes todos os seus esforzos en avanzar na súa formación académica mentres trata de manter o seu ton físico na mellor condición posible desde o piso no que pasa o confinamento.

«Me levanto un poco más tarde de lo que lo hacía en la academia, porque si no el día se me haría muy largo. Por la mañana me centro en estudiar», conta. O Year Eleven do sistema británico que seguía en Jávea, tras o cal «miraré de hacer algún ciclo de la rama de deporte de FP, si puede ser de tenis, mejor». Xa pola tarde, Jéssica dedícalle unhas dúas horas á súa preparación física, baixo a supervisión dos técnicos da Academia Tenis Ferrer. Lonxe das 6 horas de traballo físico e técnico que facía en Jávea. «Trabajo todos los días para volver». Pero sabe cal é a realidade que manda hoxe.

Partidaria de que os circuitos non se reanuden mentres exista posibilidade de contaxio

«No estoy pensando mucho en el futuro. Como no es algo que dependa de mí... Voy día a día. Lo prefiero así». Jéssica Bouzas asume que a parálise mundial a todos os niveis por mor do coronavirus COVID-19 vai para longo, e se protexe desta maneira a nivel mental e anímico.

Unha postura que se alinea coa súa visión das cousas cando o estado de alarma, en España e na maioría do planeta, desapareza, e se dea luz verde ao reinicio de actividades como as competicións deportivas. E é que a tenista vilagarciá non é partidaria de exprimir as follas do calendario que lle poidan quedar a este xa infausto 2020.

«En los torneos de los circuitos internacionales nos juntamos gente de países diferentes. Sesenta y cuatro en los cuadros finales, más los jugadores de la previa, chicos y chicas. Hay muchísima gente», recorda. E sendo que non existe vacina á vista, coas perspectivas máis optimistas sinalando a primavera do 2021, «si cualquiera de los que participamos en un torneo está contagiado, puede iniciar de nuevo los contagios en otros países». De aí que a súa conclusión sexa que, a falta de ver como evolucionan as cousas, «pensando en todo el mundo, es un poco peligroso» falar dunha reapertura dos circuitos internacionais a medio prazo.

O realismo dunha cabeza tan ben amueblada como a de Jéssica Bouzas contrasta co que lle pide o corazón: «Quiero pensar en positivo. Ojalá que se pueda jugar cuanto antes».