Ninguén sabe nada


Nestes momentos excepcionais que nos toca vivir recordo a diario un programa que escoitaba a través da radio, presentado por Andreu Buenafuente coa extensa colaboración de Berto Romero; emitíase semanalmente en horario matutino na Cadena Ser e denominábase Nadie Sabe Nada, descoñezo se a día de hoxe segue en antena xa que lles estou a falar do ano 2016, cando un humilde servidor repartía pan e a maior das compañías eran as ondas radiofónicas, tanto informativas coma musicais. Desempoo isto pola semellanza do espazo radiofónico coa actualidade vírica que nos está a acurralar. O guión  programático deste comunicador era sinxelo: os ouvintes transmitíanlle cuestións ou preguntas sen máis, ás cales eles respondíanlles o que nese momento  se lles viña á mente.Enlazando co anterior e volvendo á realidade pandémica estámonos a enfrontar a un rigoroso directo da información que nunca vivimos, de aí o meu simil comparativo con este programa das ondas, incluso no título, que é a característica máis semellante á realidade: ninguén sabe nada.

No punto de vista político e visto ate o de agora case dá igual quen estivera ao mando, no referente á actitude preparatoria ante está avalancha sanitaria e o confinamento mundial que estamos a sufrir e a presenciar. Visto países veciños e non tan próximos o efecto do Covid-19 a todos nos colleu co pé cambiado, pero en todos inqueda, aínda que nalgúns casos hai matices. É algo tan transversal que non entende de bandeiras nin de nacións desenvolvidas ou non.

Retomando a guía do Estado español, é complexa, inestable, improvisada e todo o que lle poidamos achacar; agora ben hai que valorar ao que nos estamos a enfrontar, algo tan extraordinario e que ten como maior arma combativa o sentido común e a solidariedade de todos. Quizais neste século sexa a primeira gran incerteza global da humanidade e probablemente mudará hábitos, no persoal, no social, no económico; é dicir vai marcar un antes e un despois no ritmo mundial e iso que se chama globalización, amarrado polo capitalismo, deberá adaptarse dunha vez ás necesidades reais e básicas da poboación. O sistema ten que ser o servidor da cidadanía e á súa vez a transformación ten que empezar en nós e sermos capaces de pensar como especie e non como individuo. É posible que soe a unha quimera debido ao método que nos rexe e impulsa o pensamento independente e o egocentrismo do noso ser. Ter claro que este tempo de corentena mundial é obrigado ou inducido por unha soa partícula vírica. Por iso o dito: que pequeno é o mundo.

Por Jorge Díaz Freije Concelleiro de Medio Ambiente en Ribadeo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Ninguén sabe nada