A Deputación de Lugo adianta 11 millóns aos concellos lucenses

Son os pagos mensuais previstos correspondentes aos meses de abril, maio e xuño

José Tomé, presidente da Deputación de Lugo
José Tomé, presidente da Deputación de Lugo

lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, informou de que a institución transferirá, aos concellos que teñen delegado o cobro de impostos, os pagos mensuais previstos correspondentes aos meses de abril, maio e xuño, o que supoñerá unha inxección de preto de 11 millóns nas arcas municipais.

A decisión adoptada, sinalan desde o goberno provincial, axudará a que os 63 municipios adheridos ao servizo provincial de xestión de impostos, o 94% de todos os da provincia, «dispoñan de maior liquidez para facer fronte ao novo escenario de prioridades e necesidades provocado pola crise sanitaria do coronavirus, permitíndolles por exemplo asumir gastos imprevistos de material sanitario ou medidas sociais, e garantir os pagos a empresas e provedores», explicou , quen subliña que este adianto dos pagos de tres meses supón «un gran esforzo de tesourería por parte da Deputación Provincial de Lugo».

Actualmente son 63 concellos os que delegan na Deputación a xestión de impostos municipais. Trátase do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), o Imposto sobre Bens Inmobles de natureza urbana, rústica e características especiais (IBI) e o Imposto sobre Actividades Económicas (IAE).

A Deputación, explican, responde con esta iniciativa á súa función esencial como concello dos concellos. «A nosa principal función é a cooperación con eles, e máis nestes momentos, nos que sobre todo os pequenos municipios, que contan con menos recursos, dificilmente poden encarar os novos escenarios que están xurdindo. É aquí onde temos un papel clave, facilitando que dispoñan de recursos para atender aos seus veciños e veciñas», subliña o presidente provincial.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Deputación de Lugo adianta 11 millóns aos concellos lucenses