O goberno da Deputación de Lugo e os deputados do PP doan o 30 % do soldo de abril

A cantidade destinarase a paliar osefectos derivados do impacto da crise do coronavirus

Pleno da Deputación de Lugo
Pleno da Deputación de Lugo

lugo

O goberno da Deputación de Lugo decidiu doar o 30% do salario do mes de abril dos 13 deputados e deputadas do PSdeG e do BNG que conforman o executivo provincial para paliar os efectos derivados da crise sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19.

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, explica que con esta medida, «máis alá da contía económica que pode supoñer esta doazón en si mesma, queremos que sexa un xesto de solidariedade coa cidadanía e coas empresas que perderon os seus ingresos habituais e que están atravesando momentos difíciles». Ademais, engade, «como responsables políticos, como persoas con vocación de servizo público, temos que dar exemplo nesta crise sanitaria que ten un gran impacto económico e laboral. Hai actos como esta doazón dunha parte dos nosos soldos co que, sen solucionar o grave problema sanitario, queremos sumarnos á granresposta d e solidariedade que está amosando a sociedade lucense con quen o está pasando peor e enfrontándose en primeira liña a esta situación».

O goberno provincial quere que a cantidade que doen dos seus salarios se destine a paliar osefectos derivados do impacto da crise do coronavirus. «Estamos nun momento no que cómpre fortalecer a nosa sanidade pública, o estado de benestar e a reconstrución económica e social. Como representantes de todos os veciños e veciñas da provincia ao fronte desta institución debemos seguir tomando medidas políticas no ámbito social e económico para paliar a crise, fixémolo e seguirémolo facendo, pero tamén creo que debemos amosar que podemos poñer o noso grao de area persoal nesta causa», afirma o presidente provincial.

Pola súa parte, os deputados provinciais do PP de Lugo tamén doarán o 30 % do seu soldo de abril e indemnizacións por asistencia a órganos colexiados da Deputación para loitar contra o COVID-19. O grupo provincial quere agradecer tamén toda a axuda e doazóns que particulares e empresas da provincia está realizando.

O importe correspondente á doación dos deputados provincias de Lugo irá destinado á compra, por medio da Xunta, de material sanitario para a loita contra o coronavirus. O portavoz do grupo provincial do Partido Popular, Javier Castiñeira, destaca o compromiso de todos os deputados do PP para contribuír ás necesidades derivadas desta pandemia. «É o momento de colaborar, porque toda a axuda é importante para loitar contra esta pandemia», sinala.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

O goberno da Deputación de Lugo e os deputados do PP doan o 30 % do soldo de abril