Mondoñedo, listo para rehabilitar edificios e áreas urbanas con 5,8 millóns de orzamento

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

SOCIEDAD

PEPA LOSADA

A idea é que se poida empezar a desenvolver o plan en canto se supere a crise

05 abr 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Co envío á Xunta do Plan de Dinamización Rexurbe, Mondoñedo está listo para rehabilitar edificios e áreas urbanas con 5,8 millóns de orzamento. A idea é que se poida empezar a desenvolver o plan en canto se supere a crise.

Ademais da rehabilitación de edificios, o plan prevé intervencións en tres ámbitos urbanos: acceso por Rocha de Vélez e Os Castros; ampliación e mellora do Camiño da Valada (enlace de Río de Xisto e os xulgados), con servizos propiamente urbanos; rehabilitación da capela de Alcántara. O orzamento total é de 5,8 millóns, entre as inversións públicas (57,76%) e privadas. Inclúe unha liña de axudas públicas á iniciativa privada, por importe de 150.000 euros.

Co deseño deste plan -feitopor teletraballo- o goberno municipal dá un paso máis no desenvolvemento do seu proxecto de cidade.