A Deputación de Lugo devolve os cartos ou cambia as datas das reservas dos catamaráns

A nova temporada dos barcos turísticos polos ríos Miño e Sil ía comezar este fin de semana


lugo

A Deputación de Lugo estase poñendo en contacto con todas as persoas que efectuaron reservas para realizar viaxes en catamarán polos ríos Miño e Sil nesta nova temporada que comezaría esta fin de semana. Por mor do coronavirus COVID-19, este servizo quedou suspendido temporalmente, pero dende a institución provincial danlle a opción aos titulares dos pases, ben de reintegrarlles a cantidade aboada, ou ben de manter a reserva á espera de fixar unha nova data.

A deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, informa de que «se están mandando correos electrónicos ás persoas que se rexistraron a través do portal web para comunicarlles a suspensión e darlles a liberdade de escoller entre as dúas opcións que lles ofrecemos: a devolución do importe ou o cambio de data».

García Porto agradece as persoas que fixeron reserva nas rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra «a súa confianza” e espera “que pronto nos poidan acompañar e desfrutar da provincia de Lugo e das súas múltiples ofertas de lecer». Se alguén que teña efectuada unha reserva quere resolver algunha dúbida ou aclaración pode chamar ao número de teléfono 982.260.196, en horario de 7:30 a 14:30 horas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Deputación de Lugo devolve os cartos ou cambia as datas das reservas dos catamaráns