O Concello de Lugo suprime liñas de buses trala orde do Goberno

Suso Varela Pérez
Suso Varela LUGO / LA VOZ

SOCIEDAD

lgc

Elimina desde este xoves as liñas 1A, 3, 5, 7, 10 e 12, e a maiores a liña 14 se achegará ata a Campiña cando regresa do HULA, de cara a cubrir esa zona

31 mar 2020 . Actualizado a las 20:28 h.

A área de Mobilidade do Concello de Lugo, seguindo a orde TMA/306/2020 do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, adaptará as frecuencias do servizo de transporte urbano do Concello de Lugo trala crise do coronavirus. Segundo esta orde, o transporte urbano debe reducirse en servizos e frecuencias até alcanzar prestacións similares á fin de semana, mantendo o acceso das traballadoras e traballadores aos seus postos de traballo e aos servizos esenciais a toda a veciñanza.

O tenente de alcalde e responsable da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, fixo as xestións oportunas coa empresa concesionaria do servizo de transporte urbano para traballar nesta adaptación. O servizo de bus urbano durante a semana suprimirá as liñas 1A, 3, 5, 7, 10 e 12, e a maiores a liña 14B se achegará ata a Campiña cando regresa do HULA, de cara a cubrir esa zona. «Con esta modificación conseguimos manter a cobertura de todos os barrios, continuar co mesmo servizo no HULA e no Ceao e cumprir coa orde ministerial de reducir as liñas», afirmou Rubén Arroxo. 

O responsable de mobilidade lembrou tamén que Lugo foi unha das primeiras cidades en tomar medidas de seguridade no transporte público, xa que días antes de declararse o estado de alerta xa se marcaran pautas para mellorar a seguridade no transporte público, e no propio día suprimiuse a entrada pola porta dianteira e inutilizáronse unha de cada dúas filas para incrementar as distancias.

 Tamén se informou de que se manterán as liñas da zona rural. Nas fins de semana e festivos os horarios mantéñense tal e como agora.

 CAMBIO NAS LIÑAS DE BUS URBANOS DE LUGO DENDE O DÍA 02/04/2020 INCLUSIVE

Liñas que se realizarán de luns a venres e sábados pola mañá

LIÑA 1.- CAMPUS UNIVERSITARIO- A PIRINGALLA

LIÑA 2.- CEMITERIO- ALBEIROS

LIÑA 3A.- ACEA DE OLGA ? RAMIL

LIÑA 4.- A TOLDA-CONTURIZ-ABELLA ( CASÁS )

LIÑA 6.- MONTIRON ( RESIDENCIA ) ? A CHEDA

LIÑA 7A.- AS GÁNDARAS- CEMITERIO

LIÑA 8.- GARABOLOS ? CARQUEIXO ( HULA )

LIÑA 9.- O CEAO- PRAZA DO REI

LIÑA 9A.- O CEAO- PZARA DO REI ( SAN ROQUE )

LIÑA 11.- BOVEDA-PIAS-CALDE-NADELA ( NON SE REALIZA OS SABADOS POLA MAÑÁ, TAL E COMO ATA O DE AGORA )

LIÑA 14.- RONDA MURALLA ( SINDICATOS ) ? FERVEDOIRA- HULA, cando vén do Hula cara o centro dará servizo á zona do Polígono Campiña

LIÑA 14 A.- RONDA MURALLA ( SINDICATOS )- GANDARAS- HULA. Esta liña só seria servizo de entrada e saída Hula

LIÑA 14B ( ESP. HULA ) Entrada Hula 07:10 / 14:15 / 21:15 -- Saída Hula 08:20 / 15:20 / 22:20

LIÑAS SUPRIMIDAS:

LIÑA 1A.- ACEA DE OLGA- A PIRINGALLA

LIÑA 3.- FINGOI- RAMIL

LIÑA 5.- CAMPIÑA- ABELLA ( CASÁS )

LIÑA 7.- CAMPUS- AS GÁNDARAS

LIÑA 10.- CAMPUS- FRIGSA ( SAN RAFAEL )

LIÑA 12.- ESPECIAL CAMPUS UNIVERSITARIO

Sábados tarde ? Domingos e Festivos manterase o mesmo servizo que na actualidade