O Concello de Foz convoca tres novos concursos online de fotos, poesía e debuxo

La Voz FOZ / LA VOZ

SOCIEDAD

XAIME RAMALLAL

O día 1 daranse a coñecer o nome dos ganadores

30 mar 2020 . Actualizado a las 09:35 h.

O Concello de Foz acaba de convocar tres novos concursos on line: de fotografía na casa, de poesía e a segunda edición do de debuxo. O prazo para entregar os traballos comezou hoxe, xoves, e remata o vindeiro martes, día 31, ás 23:59 horas. Hai que envialos á dirección de correo electrónico concurso@concellodefoz.es .

O 1 de abril daranse a coñecer os gañadores e publicaranse todas as obras recibidas na páxina de facebook do Concello, onde xa están publicadas as bases dos tres certames.

No concurso de fotografía na casa poden participar todas as persoas empadroadas no concello de Foz e hai tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adultos (maiores de 18 anos). As fotos deben ser de dentro da casa ou feitas desde a ventá. O certame de poesía é tamén para todos os empadroados no concello de Foz e hai as mesmas categorías que no anterior. As obras deben estar escritas en galego e o tema é a primavera. E o segundo concurso de debuxo está dirixido a nen@ e moz@s do Concello de Foz e hai 5 categorías: para alumnado de Infantil, de primeiro ciclo de Primaria, de segundo ciclo de Primaria, de Secundaria e de Bacharelato. O tema é a primavera.