Pauliña y Quique reivindican o «Agardarei» de Luis Emilio Batallán para resistir ante o virus

Este domingo volverán a actuar desde a terraza da súa casa en Cambados


Cambados

«"Resistiré" [Dúo Dinámico] está moi ben, pero nós reivindicamos como o himno galego contra o coronavirus o "Agardarei" de Luis Emilio Batallán», explican. En consecuencia, Pauliña e Quique sairán este domingo (13 horas) á terraza da súa casa, no 73 da rúa Narciso Pérez de Cambados, e interpretarán este tema para os seus veciños do barrio de San Tomé. O resto do mundo poderá velos e escoitalos despois, en canto colguen a súa actuación nas redes socias.

Xa actuaron a semana pasada e volverán facelo cada domingo ata que remate o estado de alarma. É a súa contribución para facer este confinamento máis agradable aos seus seguidores e a todos os que gusten da música en galego.

Pauliña é ben coñecida no seu pobo. Non hai nin un mes presentou o seu novo disco, "A mal falada", no auditorio da Xuventude e deste traballo rescatará tres ou catro temas para facer un acústico con guitarra e voz. A súa parella, Quique Barreiro, aparte de ocuparse da parte técnica, tamén estará desta volta ante o micro para cantar o clásico de Batallán. Non é nada novo para el. Este mozo cambadés ponlle voz a Quilma, un grupo con base na Illa de Arousa que sacará ao mercado o seu primeiro disco, "Punto de partida", en canto o virus dea unha tregua. 

Non se sabe cando volverán os bolos e os concertos, pero, mentres, Pauliña e Quique non van quedar calados. Os aplausos dos seus veciños a as seis mil visitas que acadaron en Internet a semana pasada son o seu principal aliciente, aínda que Quique chegue exhausto de traballar na asesoría e Pauliña se vexa na casa sen poder ir traballar e con 36 actuacións canceladas. Eles manteñen o entusiasmo. «E quero dicirlle aos meus compañeiros de gremio que non se desanimen, o verán vai ser complicado, pero sairemos desta», apunta Pauliña.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Pauliña y Quique reivindican o «Agardarei» de Luis Emilio Batallán para resistir ante o virus