Creatividade en familia ao servizo do confinamento

Lucía Rodríguez Peña LUGO / LA VOZ

SOCIEDAD

Noa y Lúa, en el vídeo elaborado junto a sus padres, profesores en Sarria, para animar a confinarse contra el coronavirus
Noa y Lúa, en el vídeo elaborado junto a sus padres, profesores en Sarria, para animar a confinarse contra el coronavirus CEDIDA

Dous profesores de Sarria e as súas fillas elaboran un vídeo no que animan a ficar na casa para combater os contaxios

26 mar 2020 . Actualizado a las 20:16 h.

 Sé valiente. Quédate en casa é a canción coa que dous profesores do colexio Frei Luis de Granada de Sarria queren axudar aos pequenos a pasar un confinamento máis agradable. O vídeo, gravado por esta parella de mestres de forma participativa coas súas fillas, anima a vencer ao virus ficando no fogar. A resposta do seu entorno foi do máis positiva e mesmo traballan nunha versión en galego despois de que a Xunta se interesara polo contido, que naceu como unha tarefa para que cada quen na súa casa invente unha coreografía diferente.

 "Nos quedamos en casa, valientes sin igual, y todos unidos lo vamos a lograr. Al virus peliagudo vamos a ganar, todos concentrados en su hogar" é o inicio do tema que canta unha das fillas da parella que forman José Manuel López y Noemí Tallón, ambos mestres de Educación Física. "Todos os compañeiros preparan material para o alumnado, pero no noso caso temos o departamento aquí e como eu traballo máis coa música e ela máis co baile, ocorríusenos esto", explica José Manuel en referencia ao vídeo que xa circula pola provincia. Noa e Lúa foron as encargadas de poñerse diante da cámara e do micro para darlle vida á escena pensada polos seus pais.

Noa y Lúa, en el vídeo elaborado junto a sus padres, profesores en Sarria, para animar a confinarse contra el coronavirus
Noa y Lúa, en el vídeo elaborado junto a sus padres, profesores en Sarria, para animar a confinarse contra el coronavirus

"A nosa idea é mandar unha proposta para que os nenos inventen unha coreografía para a canción, pero estamos pensando aínda como propoñer esa actividade", relata. Mentras traballan niso, o vídeo circula dun contacto a outro de Whatsapp ata chegar á Xunta. A Consellería de Normalización Lingüística interesouse pola iniciativa e pediulles que preparen a versión en galego, que xa está rematada.

Todo naceu do interese por elaborar material para o alumnado do cole, "para facer que os nenos teñan un pouco de actividade", segundo explica este mestre, que contou coa resposta máis que positiva de toda a familia para a produción do video. A sorpresa chegou cando a xente que o recibiu nos seus móviles se desfixo en felicitacións.

Dende entón, o tempo non sobra nesta familia. Estudian e traballan pola mañá e pola tarde reservan un pouco do seu tempo para o lecer. Viven nunha casa e poden pasar algunha hora ao aire libre sen perigo de contaxios. Sinten "pena polo que pasa", pero pensan que "dentro do malo", están pasando este confinamento forzado "os catro xuntos".