Crónica de telequedadas


Como nos contan en medios ou redes sociais, estamos agudizando o senso. Na última semana, quedei para cear cos amigos de Minorte en Ribadeo (hotel pechado por medidas requiridas polo estado de alarma), tamén para sesión vermú na Coruña, cunha «irmá» en Novo Mesoiro, para tomar o aperitivo coa miña querida Anabel en Madrid. Fun a un concerto de Coque Malla e a outro de Alejandro Sanz.

Distancia social, si. Distancia de corazón, ningunha. Nos grupos de WhatsApp xorden as quedadas que había tempo non se daban.

Os meus: «Ribadivas», «Clan das Manolis», «Corredoras» e outros, dan moito de si.

Convocamos cea dos que vivimos en Galicia, Asturias, Madrid, Ibiza. Aí estamos, vestidos de «fin de ano» co pantalón de pixama por debaixo e zapatillas de unicornio. Pintei o beizo de vermello e todo. Compartimos pantalla, brindamos con auga, «Petroni» (vermú galego), con Mencía, ou con zume natural de laranxa. Coma se fose un día especial, porque «desta volta» tod@s aprendemos iso, que todos e cada un dos días son especiais e contan. O aquí e o agora. A filosofía do ioga que algúns practicamos vólvese a nosa «maneira de vivir» diaria. (ás 19 horas no IG de Bikram Yoga A Coruña, tédelo).

Hora? Conectámonos! Servimos bebida e picoteo, e tele-brindamos por saúde, amor e por suposto, polo traballo. Repetimos canto nos imos abrazar cando nos vexamos e somos agradecidos ó describir o raio de sol que entra pola ventá de cada un. Botando de menos o mar e o aire do monte da nosa Galicia.

Foi o día da poesía e agora si que Rosalía (a galega , a nosa) resoa nas nosas casas cantando ás nosas paisaxes, á vista daqueles ollos nosos e que coma nas súas verbas «non sabemos cando veremos», o que si sabemos é que loitaremos todos a unha, coma en Fuenteovejuna, porque sexa canto antes.

O compi Rubén Riós convidoume a #diariodeuntitiritero, alí estiven. Falamos de como a corentena nos está cambiando e de aquelas cousas dos avós que nos marcaron. Cada tarde en FB e IG en directo, amigos e profesionais coma Monti Castiñeiras, Touriñán , unha humilde servidora, e máis…

Non deixemos que isto nos peche nada máis que literalmente, que nos abra a alma e nos conecte para que O AMOR nos una coma nunca.

O amor si que move as montañas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Crónica de telequedadas