Verín reforza os servizos de limpeza contra o coronavirus

La Voz OURENSE

SOCIEDAD

cedida

Desinfectan de forma periódica edificios municipais, residencias de maiores, o hospital, o centro de saúde, os supermercados, as farmacias e os bancos

26 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde a entrada en vigor da alerta sanitaria, o Concello Verín leva a cabo unha campaña intensiva de limpeza e desinfección diaria das súas rúas, dando prioridade ás zonas máis sensibles e con maior tránsito para evitar a propagación do coronavirus Covid-19. Este plan especial de limpeza, implementado pola Comisión de Seguimento do Covid-19 do Concello , é executado polos operarios municipais, encargados de limpar e desinfectar as rúas. Preténdese minimizar o dano que poida ocasionar a presenza do virus na vía pública. Tamén participa no plan de limpeza a empresa DDDverín Control de Pragas que realiza un servizo especifico encargado de desinfectar periodicamente con mochilas pulverizadoras os edificios municipais, as residencias de maiores, o Hospital, o Centro de Saúde, os supermercados, as farmacias e os bancos.