José Manuel Rosas: «Ás autoridades pídolles que poñan un pe na beira do mar, porque non todos os sectores pescan alimentos de primeira necesidade»

Marcos Gago Otero
Marcos Gago BUEU / LA VOZ

SOCIEDAD

RAMON LEIRO

O presidente das confradías da provincia denuncia o desamparo de gran parte dos traballadores do mar

24 mar 2020 . Actualizado a las 19:40 h.

José Manuel Rosas, presidente da Federación Provincial de Confradías de Pontevedra e patrón maior de Bueu, é un veterano do mar e tamén un dos máximos responsables do movimento civil da loita no mar contra o chapapote do Prestige no 2002. En aquela ocasión, os barcos buenenses e seus veciños volcáronse na loita contra o fuel que devastaba as costas. Agora, pon a voz a un sector, o pesqueiro, que afronta unha crise moi superior á do Prestige, e a voz québraselle nesta entrevista máis dunha vez, mentres valora o que está pasando no seu sector, os riscos que afrontan os mariñeros para traer o peixe a terra e o desamparo no que as Administraciones os están deixando no peor momento da historia da flota artesanal pontevedresa.

-¿Cómo está vivindo a flota da provincia a situación que estamos vivindo de corentena?

-Parte da flota a trancas e a barrancas, parte da flota está saíndo ao mar, moitas veces perdendo e na maioría dos casos empatando. Hai sectores que están parados desde o día un da pandemia. E aquí fixeron unha chapuza, ao meu modo de ver, co decreto, porque meteron a toda a pesca artesanal como produtos de primeira necesidade e os derivados desa pesca, e non é así. O percebe non é un produto de primeira necesidade, o marisqueo tanto a pe como a flote tampouco, os eurizos, a navalla. Ningún destes. Eses sectores están parados e nunha desproteción total e absoluta e os días van pasando. Polo camiño vanse caíndo outros sectores. O enmalle a semana pasada nin venderon e esta semana reiniciaron a actividade porque hai que facelo. O polbo en tramos caíu máis dun euro en quilo. É dicir, que isto vai a ir caíndo todo, porque é un  castelo de naipes porque chegará un momento en que non che vai a ser rentable saír ao mar. 

-¿Que lle preocupa máis?

-Agora mesmo, preocupame un pouco todo. Para o marisquero e os recursos específico equivocáronse. Así como fixeron unha modificación do decreto, desde o meu punto de vista que ao mellor poido estar equivocado, cando dixeron que as perruquerías podían estar abertas e se equivocaron, pois que fagan o mesmo, que poñan o pe na beira no mar, porque no sector da pesca de baixura tamén se equivocaron, porque non todos os sectores pescan alimentos de primeira necesidade. Se fixeran unha avaliación deses subsectores, pois automáticamente poderían entrar no cese de actividade colectivo, porque está todo o mundo parado. Pero claro, como somos pesca artesanal, e a pesca artesanal está aberta e ten que estar, pois mil trabas e mil historias e despois os sectores que vaian caíndo. ¿Por que teño que demostrar que perdín o 75 % da miña facturación o mes que o vou a presentar, se o meu barco está amarrado porque non me compran a mercadoría? É certo que estamos vivindo unha catástrofe, unha situación moi delicada, e estamos peleando contra un enemigo que non vemos vir, pero tampouco se pode deixar desprotexidos a moitos sectores.

-¿Que había que facer?

-Había que tomar medidas compensatorias, pero xa, reales, palpables, sen demasiada burocracia, nin demasiada tramitación. E os sectores que estean amarrados por causa de forza maior, porque non tes quen te compre os produtos porque non o fan os depuradores e os restaurantes están pechados e os consumidores potenciais deses produtos non llo compran, ¿que che queda? Irte para a túa casa e cumprir co que che están dicindo, pero claro non podes quedar desprotexido. Iso é o que máis te fastidia. Porque a este virus vámolo tumbar, e vencer, e, aparte dos que por desgraza vaian quedando no camiño, isto servirá para cambiar moitas cousas, pero o que máis te derrota é que non sabes que dicirlle á xente, como aconsellala, porque desde o meu punto de vista deixáronnos nunha falta de información clara e desprotexidos.

-¿Con que medidas está podendo saír a xente ao mar e as subastas nas lonxas? ¿Sentídevos protexidos ou non?

-A subasta nas lonxas coa proteción que fuches capaz de conseguir. As mascarillas están reservadas para eses sanitarios que o aplauso penso que nos corazóns de todos os españois é ás 24 horas, chapó por esa xente que se xogando á vida, por riba das súas posibilidades. Nós nas lonxas daquela maneira. Quero que se quede cun dato e para que a publique. Un exemplo, unha embarcación de 14 metros, con seis tripulantes, e doce metros cadrados de ponte, os aparellos, as caixonadas e todo o demáis. As convivencia  e as medidas de seguridade existen. Nunha embarcación de cinco metros con dúas persoas, ¿cúmplense as medidas de seguridades? ¿As recomendacións que fan desde as distintas Administracións de que hai que tomar temperatura no momento do embarque e se alguen ten síntomas hai que asilalo en camarote, ¿en quen están pensando? ¿Na pesca de baixura ou na mercante española? É dicir, claro que estamos incumprindo, porque non hai maneira de facelo. Un barco é o que hai, non hai más, e non podes estar estático, un no costado de babor e outro de estribor, ou un na popa e outro na proa, tes que facer unha faena, onde converxen uns cos outros, onde tropezan, onde se miran a cara, ou onde se dan unha palmada na espalda, e non sabes se o eu compañeiro está fastidiado ou o estás fastidiendo ti a el. Estamos aquí arrimando o hombro tamén, para que o mercado non quede desabastecido, pois que as Administracións arrimen o hombro tamén para non deixar desprotexidos á xente, a sectores, que xa hai moito tempo que están parados cunha incertidumbre que non saben que lles vai pasar.

-Comparando isto co Prestige, ¿cal é a diferencia para a pesca?. Nos dous casos, a pesca sufriu moito, pero isto é incluso peor.

-Daquela houbo un peche total. Houbo unha resposta económica, pero nós non estamos dicindo que paremos todos, pero o que si quero dicir e que na medida en vaian caindo, os sectores da pesca teñen que estar protexidos. Eso que quede claro. Co Prestige tiñas unha vantaxe, que podías reunirte, podías falalo, podías compartir inquietudes, podías cabrearte, podías dar unha ostia na mesa, e podes dicilo con estas palabras, ponnas, que saltaban os bolígrafos, podías dicirlle á cara o que se facía ben e o que se facía mal. Agora estamos en confinamento. Non podemos reunirnos. Non podemos mirarnos á cara. Non hai calor humano. E os humanos temos que xuntarnos e propoñer acordos e tomar medidas. Agora todos estamos de papel e máis papel e teléfono. E hoxe non todos dominamos as videoconferencias nin temos os medios desde as nosas casas para poder facer unha videoconferencia colectiva para saber como están e como respiran todas e cada unha das confradías da provincia. Iso é o que máis te derrota, non ter as cousas moi claras, porque hai cousas que non se fixeron ben. E en canto á epidemia, é un enimigo que non podes ver. Co chapapote lavabas as mans ainda que fose con gasolina.