O rural nin quere nin pode parar pola crise sanitaria

"¿E que se fai ca miña explotación se o bicho chega aquí? Porque ás vacas non lles podes facer un ERTE", comenta un gandeiro


Lugo / La Voz

O rural nin pode nin quere parar. En vilas como Meira, o ambiente en plena cuarentena dista moito do que se respira en cidades como Lugo. Menos xente polas rúas, menos enfrontamentos e menos colas no supermercado. Nas farmacias non quedan luvas nin xel e, explican, a xente reutiliza as mascarillas de sulfatar para andar pola rúa. O inxenio e os remedios caseiros gañan puntos en tempos de coronavirus. Nas farmacias do pobo explican que, en xeral, a xente cumpre e non sae para evitar contaxios. No supermercado Atlántico, o xerente, Marcos Alvite, conta que os primeiros días de confinamento a xente encheu os carros, pero que a normalidade voltou pouco despois porque a xente que vive no campo ten a despensa sempre chea. "Para previr, Froiz mandounos unha mampara e os carteis que explican as medidas necesarias para evitar contaxios. Ademais, dende que se declarou o Estado de Alarma pechamos ás oito da tarde para desinfectar todo o establecemento", explica Alvite, que tamén conta que a limpeza é continua para cumprir ca recomendación de Sanidade que di que a hixiene é fundamental para vencerlle a batalla ao coronavirus.

;
Confinamiento rural Meira Confinamiento rural Meira

A uns metros do centro de Meira, Ana Folgueira, que é natural de A Pastoriza, planta fresas no seu invernadoiro. Está agobiada porque, explica, non leva nada ben o de estar pechada na casa. Aínda así, considérase afortunada por ter preto da súa vivenda un pequeno campo que lle fai máis levadeiras as horas do día. "A realidade é que non vou poder plantar nada porque non teño onde mercar. Só teño fresas no invernadoiro", explica Ana, que tamén conta que este sería o mes de plantar xudías, pementos, tomates e leitugas. Ademais da súa pequena horta, ten galiñas e un can que a acompañan a diario, especialmente en tempos coma este xa que Ana explica que non pode ver ao seu fillo mentres dura o confinamento. E iso si que o leva mal porque ela sinte que co revolto que está o panorama mundial, el é a persoa que máis necesia ao seu lado.

Ana Folgueira na sua horta, próxima a Meira
Ana Folgueira na sua horta, próxima a Meira

O Centro de Saúde de Meira ten a porta pechada e médico e enfermeira permanecen dentro. Dende hai uns días trasladaron a triaxe á porta para evitar que poida entrar xente contaxiada co COVID-19 e contaxiar así a eles mesmos ou a outros pacientes. "Imos seguindo o que dicta o sentido común, aquí non se lle nega a asistencia a nadie. Ademais, sentimos que a xente está sendo coherente", explica o doctor Ramiro Pérez, que tamén conta que a maior parte das consultas as solucionan telefonicamente.

O doutor Ramiro Pérez ás portas do Centro de Saúde de Meira
O doutor Ramiro Pérez ás portas do Centro de Saúde de Meira

Francisco López, presidente de Craega: "Aquí sempre hai que facer, pero eres dono de ti mesmo"

Para Francisco López, presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) a rutina na súa casa de Ponte de Outeiro (Castro de Rei) é a mesma que a que tiña hai un mes. Alí ten a súa explotación gandeira preto da súa vivenda, na que leva xa 27 anos e que se chama Casa Ánxel, tal e como indica un letreiro grande ao chegar. Porque no rural auténtico as casas teñen nome para lembrar aos seus antepasados, eses que decidiron construir a súa vida en tempos de guerra ou, quen sabe, quizais por amor. 

Francisco ten 81 vacas de leite e, explica, o confinamento non conseguiu que deixaran de vir os camións recoller a mercancía. Ademais, polo momento o prezo mantense.  "Agora, polo confinamento, aproveitas para facer traballos que tiñas apartados e cos que non te poñías por falla de tempo", conta López. Estes días arranxou un peche que tiña pendente. "Aquí toda a vida houbo vacas, pero dende o 2.000 certificámonos en agricultura ecolóxica, decidimos producir menor e engadirlle valor ao que facemos", conta. Ademais, o presidente de Craega tamén explica que no campo sempre hai cousas que facer, pero que el se sinte dono de si mesmo, xa que pode decidir cando pospoñer, cando continuar e cando descansar. 

Francisco López, presidente de Craega, na sua explotación gandeira
Francisco López, presidente de Craega, na sua explotación gandeira

Este gandeiro cre que a situación de alarma global polo coronavirus ten que derivar nun cambio de mentalidade conxunto para unha sociedade capitalista, que só pensa en mercar. "Temos que priorizar ser máis conformistas e menos egoístas", explica Francisco. Pero nesta crise sanitaria e tamén de valores pode surxir o debate sobre a liberdade. Francisco, e moitas outras personas, cren que esta só se pode atinar en contacto ca natureza e cos animais. Para este gandeiro, é imposible imaxinar a vida enclaustrado nun piso. "Ao mellor, tamén lle estamos pagando o dano que lle estamos facendo á natureza con todo isto que está pasando", explica Francisco, convencido de que isto debe derivar nunha recapacitación colectiva que permita replantexar os ritmos de vida da xente. 

Pero o medo polo coronavirus chega ata o rural. "¿E que se fai ca miña explotación se o bicho chega aquí? Porque ás vacas non lles podes facer un ERTE", pregúntase López. Na súa explotación traballan el, a súa muller e o seu fillo. Nestes días apenas reciben visitas e antes, explican, aínda recibían a chegada dalgún viaxante. Sin embargo, esta familia admite que as reunións de antes remataron, e que a sociedade agora é máis egoísta e, incluso sen alerta sanitaria, confínanse nas súas casas. "O mundo iranos cambiando", sentencia Francisco López.

Joan Alibés, presidente da SGPF: "O rural non para, eu estou desbordado de traballo"

Joan Alibés é técnico gandeiro e presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF). O primeiro que comenta nun dos días de confinamento e dende unha das súas parcelas en Meira é que está desbordado de traballo e ata "algo cabreado ca xente que non ten que facer", di entre risas pero, á vez, moi seriamente. O rural non para, e el sábeo ben. Agora é epoca de cría e nacéronlle varios años nos últimos días. Ten unhas 300 ovellas repartidas en catro fincas. Ademais, están protexidas por cinco mastines que se encargan de impedir que penetre algún animal salvaxe nas parcelas para facerlles dano.

Joan Alibés cas suas ovellas, en Meira
Joan Alibés cas suas ovellas, en Meira

"Onte, ás dúas da mañá estaba atendendo o parto dunha ovella. Estamos no pico agora mesmo, e despois chegará unha segunda tanda", comenta. Ten tres fillos e a pequena defínese como "gandeira total". Pola semana e con motivo da suspensión das clases do colexio, Joan tamén lles ensina ciencias naturais, explicándolles aspectos dos animais e como tratalos e coidalos. 

"Ao principio vimos que todo estaba paralizado, pero nós seguimos preparando as PAC para ir adiantando traballo", explica, xa que el e a súa muller tamén se dedican ao asesoramento gandeiro. Todo o fan por teléfono, posto que coñecen ben a situación dos seus clientes.

Alibés ten claro que é un afortunado. Ten liberdade de movemento para coidar do seu gando e para facer o seu día a día. Ademais, o risco de contaxio do virus é mínimo posto que apenas está en contacto con xente. 

En canto ao tema económico, Joan admite que, polo momento, non está especialmente afectado pola crise sanitaria. Pero tamén explica que está á espera posto que, no verán, época de festas, podería baixar o consumo de cordeiro, algo que si lle afectaría directamente. "Consumirase menos cordeiro. Ademais, aquí estamos moi influidos por Castela e sabemos tamén que o consumo deste tipo de carne prodúcese máis cara ao verán".

¿Puedo poner patatas? La actividad de los agricultores aficionados se limita

M. Alfonso

Medio Rural responde en su web a las dudas que el estado de alarma plantea entre los agricultores

Está claro que el confinamiento puede abandonarse por motivos laborales. Que uno puede salir de su domicilio si el destino es su centro de trabajo, sea este una fábrica, una granja o la finca en la que cuida la vid. El problema surge cuando el interesado en cuestión no es un profesional del campo y decide, por ejemplo, plantar patatas, cuidar de sus verduras o atender unas colmenas que cuida como afición. Entonces, explican en la consellería do Medio Rural, la situación cambia. Porque lo que no está permitido es que, con la excusa de cualquier tarea agrícola, uno coja el tractor y se pasee por todo el monte para llegar a sus fincas.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

O rural nin quere nin pode parar pola crise sanitaria